PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • ABRIL 2023 – ANUNCIO do 27 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a afección dunha parcela pola instalación eléctrica LMTS CBD808, CT Bouciña e substitución CTI Covas de Lobos por CTC, prevista no concello de Cambados (expediente IN407A 2023/116-4).

ABRIL 2023 – ANUNCIO do 27 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a afección dunha parcela pola instalación eléctrica LMTS CBD808, CT Bouciña e substitución CTI Covas de Lobos por CTC, prevista no concello de Cambados (expediente IN407A 2023/116-4).

De conformidade co disposto nos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), notifícanselle á persoa interesada a información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación eléctrica LMTS CBD808, CT Bouciña e substitución CTI Covas de Lobos por CTC (expediente IN407A 2023/116-4) e as afeccións da parcela indicada no anexo.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 27 de marzo de 2023

Beatriz López del Olmo
Jefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2023/116-4.

Denominación: LMTS CBD808, CT Bouciña e substitución CTI Covas de Lobos por CTC.

Concello: Cambados.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio/CT

Afeccións

m2

ml aér.

ml sub.

m2 aér.

m2 sub.

2

Sereira

Rústico

36006A024001020000OH

Óscar Núñez

13,32

30,89