PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • OUTUBRO 2021 – CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O ENSINO E O TRANSPORTE DO CONCELLO DE CAMBADOS 2020/2021

OUTUBRO 2021 – CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O ENSINO E O TRANSPORTE DO CONCELLO DE CAMBADOS 2020/2021

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O ENSINO E O TRANSPORTE DO CONCELLO DE CAMBADOS 2020/2021

De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de Datos Nacional de Subvencións:

(https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/586313)

Primeiro. Beneficiarios.

Colectivos con carencias económicas e familias con menos recursos económicos do Concello de Cambados, que cumpran os requisitos fixados na convocatoria.

Segundo. Obxecto.

É obxecto das subvencións establecer un réxime compensatorio de carácter social destinado a colectivos con carencias económicas, co obxecto de paliar os gastos que supón a escolarización pública, ensinanzas artísticas e formación universitaria en familias con menos recursos económicos do Concello de Cambados.

Terceiro. Bases reguladoras.

Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Cambados, aprobada polo Pleno en sesión celebrada o 28 de outubro de 2004 e publicada no BOPPO nº 217 do 10 de novembro de 2004.

Cuarto. Contía da axuda.

Para o financiamento deste programa de axudas establécese crédito en contía máxima de 27.300,00 euros na aplicación 3200.48100 do Orzamento do Concello de Cambados para o exercicio 2021. De acordo co mesmo, a concesión das axudas queda condicionada á existencia de crédito idóneo e suficiente no momento da resolución da concesión.

A determinación da contía individualizada de cada subvención resultará da puntuación obtida tras a aplicación dos criterios e contías máximas establecidos nas bases da convocatoria

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais contados a partir do día seguinte da publicación do extracto da convocatoria na forma e termos previstos na Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións, en relación coa Base de Datos Nacional de Subvencións.

Sexto. Outros datos.

A publicidade dos distintos actos derivados da presente convocatoria farase no taboleiro de anuncios do Concello de Cambados, aloxado na sede electrónica municipal
(https://cambados.sedelectronica.gal), aos efectos do disposto no artigo 26 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións e artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

BASES DA CONVOCATORIA DAS AXUDAS

BASES CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O ENSINO E O TRANSPORTE DO CONCELLO DE CAMBADOS

FORMULARIOS EDITABLES PARA A PRESENTACIÓN DAS AXUDAS

ANEXO I _ AXUDAS PARA O ENSINO E O TRANSPORTE DO CONCELLO DE CAMBADOS 

ANEXO II _ AXUDAS PARA O ENSINO E O TRANSPORTE DO CONCELLO DE CAMBADOS

ANEXO III _ AXUDAS PARA O ENSINO E O TRANSPORTE DO CONCELLO DE CAMBADOS

ANEXO IV _ AXUDAS PARA O ENSINO E O TRANSPORTE DO CONCELLO DE CAMBADOS