Resolución da Xefatura Territorial de Pontevedra pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Cambados (expediente IN407A 2023/116-4).
Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do Sector Eléctrico e no Título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministro e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:
– Solicitante: UFD Distribución Electricidad S.A.
– Enderezo Social: Avenida América, 38, 28028 Madrid.
– Denominación: LMTS CBD808, CT Bouciña e substitución CTI Covas de Lobos por CTC.
– Situación: Cambados.
– Descricións Técnicas:
Liña media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1, en dúas actuacións. A primeira é de 189 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-2000/14, mediante un paso aéreo subterráneo, e final no centro de transformación (CT) proxectado 1, que substitúe ao centro de transformación Covas de Lobos 36AI92. A segunda é de 329 metros de lonxitude, con orixe no
centro de transformación proxectado 1 e final no centro de transformación 2 proxectado.
Retensado do van contiguo ao apoio proxectado C-2000/14.
Centro de transformación 1 compacto, a 250 kVA con R.T. 20 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36006A024005450000OS, no lugar Covas de Lobos, fronte ao nº 66.