PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • NOVEMBRO 2020 – RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA AMPLIANDO PLAZO DE DELEGACIÓN NO PRIMEIRO TENENTE DE ALCALDE POR I.T.

NOVEMBRO 2020 – RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA AMPLIANDO PLAZO DE DELEGACIÓN NO PRIMEIRO TENENTE DE ALCALDE POR I.T.

Expediente 334/2020

Mediante Resolución da Alcaldía do 16.10.2020 nomeouse Alcalde accidental do Concello a D. Constantino Cordal Rodríguez ata a data do 21.10.2020, data prevista de duración da miña situación de incapacidade temporal

Visto que esta situación persiste, e ante a imposibilidade de que poida exercer as funcións da alcaldía en situación de incapacidade temporal, resulta preciso habilitar a miña substitución por parte do Primeiro Tenente de Alcalde.

Na súa consecuencia, e de acordo co disposto no artigo 63 da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, en concordancia co artigo 47 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais,

RESOLVO:

1º. Nomear Alcalde accidental ao Primeiro Tenente de Alcalde, D. Constantino Cordal Rodríguez, desde o 21 de outubro ata a data da miña reincoporación por causar alta na situación de incapacidade temporal, momento en que a delegación será revocada de xeito expreso.

2º. Dar conta do presente Decreto ao interesado, aos Xefes de Servizo do Concello de Cambados e aos Portavoces dos grupos municipais do P.P., do B.N.G. e de Cambados Pode, para o seu coñecemento e ós oportunos efectos, e ordear a súa publicacion no B.O.P.

DOCUMENTO ASINADO ELECTRÓNICAMENTE