PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • NOVEMBRO 2020 – RESOLUCIÓN ALCALDÍA DELEGANDO NO PRIMEIRO TENENTE DE ALCALDÍA DO 16 AO 20 DE OUTUBRO

NOVEMBRO 2020 – RESOLUCIÓN ALCALDÍA DELEGANDO NO PRIMEIRO TENENTE DE ALCALDÍA DO 16 AO 20 DE OUTUBRO

Expediente 334/2020

Ante a imposibilidade de exercer as miñas funcións entre os días 16 e 20 de outubro por situación de incapacidade temporal, é preciso habilitar a miña substitución por parte
do Primeiro Tenente de Alcalde, D. Constantino Cordal Rodríguez.

Na súa consecuencia, e de acordo co disposto no artigo 63 da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, en concordancia co artigo 47 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais,

RESOLVO

1º. Nomear Alcalde accidental ao Primeiro Tenente de Alcalde D. Constantino Cordal Rodríguez, entre os días 16 e 20 de outubro, que desempeñará as funcións da Alcaldía
nesas datas.

2º. Dar conta do presente decreto ao interesado, aos Xefes de Servizo do Concello de Cambados e aos Portavoces dos grupos municipais do P.P., do B.N.G. e de Cambados Pode,
para o seu coñecemento e ós oportunos efectos, e ordear a súa publicacion no B.O.P.

Documento asinado electrónicamente.