Mediante Resolución da Alcaldía do 21.10.2020 nomeouse Alcalde accidental do Concello a D. Constantino Cordal Rodríguez ata que causase alta na situación de incapacidade temporal.
Visto que con data de 26.10.2020 se me expediu alta na situación de incapacidade temporal e que, polo tanto, xa non concorre a causa da delegación conferida.
Na súa consecuencia, e de acordo co disposto no artigo 63 da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, en concordancia co artigo 47 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais,
RESOLVO:
1º. Revocar a delegación efectuada no Primeiro Tenente de Alcalde, D. Constantino Cordal Rodríguez.
2º. Dar conta do presente Decreto ao interesado, aos Xefes de Servizo do Concello de Cambados e aos Portavoces dos grupos municipais do P.P., do B.N.G. e de Cambados Pode, para o seu coñecemento e ós oportunos efectos, e ordear a súa publicacion no B.O.P.
DOCUMENTO ASINADO ELECTRÓNICAMENTE