PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • SETEMBRO 2020 – ANUNCIO de convocatoria para cubrir unha praza de oficial de administración (OEP/2017), por quenda libre e mediante persoal funcionario de carreira.

SETEMBRO 2020 – ANUNCIO de convocatoria para cubrir unha praza de oficial de administración (OEP/2017), por quenda libre e mediante persoal funcionario de carreira.

ANUNCIO

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO) número 140, do 23 de xullo de 2020, publicáronse as bases para a cobertura en quenda libre e por persoal funcionario de carreira dunha vacante de oficial de administración (OEP/2017).

Mediante a Resolución da Alcaldía do 18 de xuño de 2020 convocouse proceso selectivo para a cobertura por quenda de libre da praza vacante da OEP de 2017 que a continuación se sinala:

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de Administración xeral, subescala auxiliar. Número de vacantes: 1. Denominación: oficial de administración.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE), e os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos nos termos establecidos nas propias bases.

Cambados, 29 de xullo de 2020