PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • SETEMBRO 2020 – Medidas de Prevención e Hixiene Covid-19 E nomeamento persoal colaborador selección lista de reserva operario de servizos

SETEMBRO 2020 – Medidas de Prevención e Hixiene Covid-19 E nomeamento persoal colaborador selección lista de reserva operario de servizos

Resolución nomeamento persoal colaborador selección lista de reserva operario de servizos

De acordo coas Bases e a convocatoria da selección de prazas de operario de servizos, mediante lista de reserva.
Vista a Resolución da Alcaldía do 04.06.2020 pola que se aprobaron as Bases para a configuración dunha lista de reserva para a selección de prazas da escala de Administración especial; subescala de servizos especiais; persoal de oficios; agrupacións profesionais; praza de operario servizos.
Vista a Resolución de 04.08.2020 pola que se aprobou a lista provisional de admitidos e excluídos e pola que se designou o Tribunal Cualificador.
Visto que resulta preciso designar persoal colaborador no curso da realización da proba práctica co obxecto de auxiliar na habilitación de medios materiais e na implantación das medidas de prevención fronte á Covid-19 no curso de realización da mesma,

RESOLVO:

Designar a Severo Cores Vieites, operario de servizos deste Concello, como persoal colaborador na realización da proba práctica da convocatoria da selección de prazas de operario de servizos, mediante lista de reserva.

Medidas de Prevención e Hixiene Covid-19 Lista de reserva operario de servizos

MEDIDAS DE PREVENCIÓN E HIXIENE FRONTE Á COVID-19 PROBA PRÁCTICA LISTA DE RESERVA DE OPERARIO DE SERVIZOS

Ante a situación sanitaria provocada polo Covid-19, e vistas as recomendacións das autoridades sanitarias e do Servizo de Prevención do Concello e normativa aplicable a nivel autonómico e estatal, o Tribunal acorda, por unanimidade, establecer as seguintes medidas xerais de prevención, protección e hixiene fronte ao Covid-19, coa finalidade principal de garantir a máxima seguridade sanitaria dos membros do Tribunal, persoal colaborador, así como dos aspirantes que participen na proba práctica do proceso selectivo, que se deberán respectar e cumprir en todo o proceso selectivo, sen prexuízo da normativa do obrigado cumprimento aprobada pola Xunta de Galicia e polo Goberno do Estado