PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • AGOSTO 2019 – CONTRATACIÓN.- DILIXENCIA Nº 2 DANDO CONTA DO INFORME VALORACIÓN DE OFERTAS

AGOSTO 2019 – CONTRATACIÓN.- DILIXENCIA Nº 2 DANDO CONTA DO INFORME VALORACIÓN DE OFERTAS

RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA

 

Visto o expediente nº 236/2019, tramitado para a contratación do subministro de:

 

Tipo de contrato: SUBMINISTRO
Obxecto do contrato: MOBILIARIO URBANO, VALLA COLEXIO SANTO TOMÉ E ROTEIRO CABANILLAS
 Procedemento de contratación: Aberto simplificado sumario con división en lotes
Tramitación:  ordinaria
Código CPV: 34928400-2 Mobiliario urbano. 34928470-3 Sinalización.  34928200-0 Vallas
 Prezo estimado: 33.057,85 € IVE: 6.942,15 €
Orzamento base de licitación: 40.000,00 €
Duración: 3 MESES
Nº Lote

BASE

IMPOÑIBLE

IVE

TOTAL

LOTE

LOTE 1. MOBILIARIO URBANO 15.763,00 3.310,23 19.073,23
LOTE 2. VALLA CEIP SANTO TOMÉ 3.750,15 787,53 4.537,68
LOTE 3. ROTEIRO CABANILLAS 13.544,70 2.844,39 16.389,09
Investimento total proxecto. 33057,85 6.942,15 40.000,00

 

Vista a Dilixencia, estendida en data 14/08/2019, polo Secretario da Unidade Técnica na que se deu conta do informe de valoración de ofertas, efectuado polo Técnico Municipal e se formulou proposta de adxudicación do contrato de subministro de “MOBILIARIO URBANO, VALLA CEIP SANTO TOMÉ E PANEIS INFORMATIVOS PARA O ROTEIRO CABANILLAS”, esta é do tenor literal seguinte:

 

“… Seguidamente transcríbese o citado informe, emitido polo Arquitecto Técnico Municipal:

“…PELAYO EYO VALLADARES, ARQUITECTO TÉCNICO MUNICIPAL DO ILMO. CONCELLO DE CAMBADOS.

 

LOTE 2

 

Seguidamente avalíanse as ofertas presentadas ao lote 2, agás a proposta da empresa “Zona de Obras O Rosal, S.L.”, que non se valora, ó non aportar as características técnicas do material a subministrar e incumprir polo tanto coa cláusula 15 do Prego de Condicións aprobado, acadándose o resultado que se reflexa no cadro seguinte e onde se comproba que a oferta presentada non incorre en baixa desproporcionada ó presentarse polo tipo:

 

LOTE 2 Empresa Oferta Baja Puntos Execución Puntos Total
  Licitación 4.537,68          
1 Servicio de automatismo 4.537,68 0,00 0,00 60,00 1,00 1,00

 

De conformidade co exposto no cadro superior proponse a adxudicación deste lote nº 2 á empresa “SERVICIO DEL AUTOMATISMO Y METAL S.L.U.”, por entender que e a máis vantaxosa para este Concello.

 

LOTE 3

 

Para rematar avalíanse as ofertas presentadas ao lote 3, salvo a proposta da empresa Girodservices, S.L., que non se valora, por non aportar as características técnicas do material a subministrar e incumprir polo tanto coa cláusula 15 do Prego de Condicións aprobado, acadándose o resultado que se reflexa no cadro que se transcribe seguidamente e onde se comproba que ningunha das ofertas incorre en oferta desproporcionada o non baixar dos 10 puntos da media das ofertas (13.708,35 €.)

 

LOTE 3 Empresa Oferta Baja Puntos Execución Puntos Total
  Licitación 16.389,09          
1 Bricantel España, S.L. 16.093,00 296,09 1,51 35,00 1,00 1,51
2 Servicio de automatismo 15.179,09 1.210,00 6,15 60,00 0,55 3,36
3 Zona de Obra O Rosal 14.422,40 1.966,69 10,00 45,00 0,82 8,18
  Media 15.231,50 1.523,15 13.708,35      
    15.231,50 1.523,15 16.754,65      

 

De conformidade co exposto no cadro anterior proponse a adxudicación deste lote nº 3 á empresa “ZONA DE OBRA O ROSAL, S.L.”, por entender á vista das ofertas que é a máis vantaxosa para este Concello e ter acadada unha puntuación de 8,18…”

 

A Unidade Técnica, por unanimidade, acorda formular á Alcaldía a proposta de adxudicación seguinte:

 

LOTE Empresa

Prezo

s/IVE

IVE TOTAL Baixa Prazo execución
2 Servizo del Automatismo y Metal, S.L.U. 3.750,15 787,53 4.537,68 0,00 60
3 Zona de Obra O Rosal, S.L. 11.919,34 2.503,06 14.422,40 1.966,69 45

 

Polo exposto, en virtude das competencias atribuídas á Alcaldía pola Disposición Adicional Segunda da Lei 9/2017 do 8 de novembro de contratos do sector público,

 

RESOLVO:

 

PRIMEIRO.- Adxudicar os subministros de “VALLA CEIP SANTO TOMÉ E ROTEIRO CABANILLAS”, ás empresas, polos prezos e prazos que se indican seguidamente:

 

LOTE 2. 

VALLA CEIP S. TOMÉ

Orzamento licitación Orzamento  adxudicación
Prezo estimado do contrato 3.750,15 3.750,15
21% IVE 787,53 787,53
Prezo 4.537,68 4.537,68
Baixa 0,00
Prazo de execución do subministro 60
Adxudicataria: SERVICIO DEL AUTOMATISMO DEL METAL, S.L. CIF: B36336154

 

LOTE 3.  ROTEIRO CABANILLAS Orzamento licitación Orzamento  adxudicación
Prezo estimado do contrato 13.544,70 11.919,34
21% IVE 2.844,39 2.503,06
Prezo 16.389,09 14.422,40
Baixa 1.966,69
Prazo de execución do subministro 45
Adxudicataria: ZONA DE OBRA O ROSAL, S.L. CIF: B94106663

 

Os adxudicatarios faranse cargo dos gastos dos carteis, a súa instalación e serigrafiado dos subministros, conforme ao modelo establecido pola Excma. Deputación Provincial.

 

Deberán aportar ao expediente nº 236/2019:

a).- Declaración dos medios persoais e materiais que a empresa adscribirá ao presente contrato.

b).- Certificación da conta bancaria da empresa.

 

SEGUNDO.- A formalización do contrato, de conformidade co establecido no artigo 159.6 da Lei 9/2017, de 8 de novembro de Contratos do Sector Público, e nas Cláusulas 20 e 21 do Prego, efectuarase mediante a sinatura de aceptación polo contratista da Resolución de adxudicación, dentro do prazo dos 15 días hábiles seguintes a aquel en que tivesen recibida a notificación de adxudicación.

 

De conformidade  co establecido no artigo 153.4 LCSP cando por causas imputables ao adxudicatario non se formalice o contrato dentro do prazo indicado esixiráselle o importe do 3% do orzamento base de licitación, IVE excluído, en concepto de penalidade, sen prexuízo do establecido na letra b) do apartado 2 do artigo 71 LCSP.

 

TERCEIRO.- Autorizar e dispoñer os gastos con cargo á aplicación 2019.4590.62902 do Orzamento Municipal, polos importes seguintes:

 

LOTE Prezo  s/IVE IVE TOTAL
2 3.750,15 787,53 4.537,68
3 11.919,34 2.503,06 14.422,40

 

CUARTO.- Dar traslado da presente Resolución  aos adxudicatarios e aos demais licitadores e dar cumprimento ao establecido no artigo 151 da Lei 9/2017, de 8 de novembro de 2017, de Contratos do Sector Público e polo artigo 8.1. a) da Lei 19/2013 de 9 de decembro de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.

 

QUINTO.- Dar conta da presente Resolución a Intervención, aos efectos de practicar as anotacións contables correspondentes á presente disposición e ao Pleno da Corporación na primeira sesión que celebre.

 

En Cambados. Asinado electronicamente.

DILIXENCIA nº 2 DAR CONTA DO INFORME VALORACIÓN DE OFERTAS DO TÉCNICO MUNICIPAL