A importancia do transporte público e colectivo de viaxeiros por estrada como elemento vertebrador dos diferentes territorios, comunicándoos Internamente e co exterior; de xerador de progreso polo que ten de permitir un acceso universal aos diferentes servizos, agora, hai que lle engadir unha nova e urxente necesidade: a loita contra o cambio climático e en consecuencia, a eliminación de cantos máis vehículos particulares mellor das estradas, das cidades, das vilas, etc.
Estas dúas cuestións principais, que en resumo teñen que ver coa rendibilidade social, están ao noso entender fóra dos obxectivos que proposta que a Xunta de Galicia nos presenta no devandito documento, agora a exposición pública. Unha vez máis ponse por diante o beneficio das empresas concesionarias do interese xeral, cando debería ser xustamente ao contrario, pois mesmo en termos económicos o lóxico para facer rendíbeis as concesións (ou as liñas), cómpre rachar o bucle no que unha política errática de transporte nos meteu nos últimos 35 anos: “non pode haber mellor transporte porque non hai viaxeiros, e non hai viaxeiros porque non hai un transporte mellor”. En Cambados estamos comprometid@s con estas dúas cuestións centrais na sociedade do século XXI. Por iso, presentamos as seguintes alegacións ao Plan de Transporte Público de Galicia (podese consultar no seguinte enlace)
Dende a Concellaría de Mobilidade e Seguridade Cidadá de Cambados, apostamos por unha oferta xenerosa en percorridos, paradas, frecuencias, horarios e prezos…. xenerosa e acorde coas necesidades reais da veciñanza de Cambados en particular, e do Salnés en xeral.
ALEGACIONS PLAN DE TRANSPORTE XG814 XG817