PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • FEBREIRO 2018 – SUSPENSIÓN PROCESO SELECTIVO OFICIAL DA POLICÍA LOCAL DO CONCELLO DE CAMBADOS

FEBREIRO 2018 – SUSPENSIÓN PROCESO SELECTIVO OFICIAL DA POLICÍA LOCAL DO CONCELLO DE CAMBADOS

CONVOCATORIA, COBERTURA POLO SISTEMA DE MOBILIDADE, DUNHA VACANTE DE OFICIAL DA POLICÍA LOCAL DO CONCELLO DE CAMBADOS, NÚMERO 3507/2017

A Alcaldesa do Concello de Cambados, por resolución de data 29 de xaneiro do 2017, adoptou o seguinte acordo: “En data 6 de outubro, publicáronse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, Número 193, as “Bases reguladoras para a cobertura, mediante sistema de mobilidade , de unha vacante de oficial de policía local do Concello de Cambados”.

Vistos os escritos presentado por don Manuel Duarte Garrido, con datas de entrada no Rexistro Xeral do Concello de Cambados, 11 de outubro do 2017, NRE 6507, considerado recurso de reposición presentado en prazo, contra as citadas bases; e, 29 de outubro do 2017, NRE 7886, considerado recurso de reposición presentado fora de prazo, contra as citadas bases.

Vistos os artigos 118, relativo á audiencia dos interesados, 123 e 124, relativos ao recurso de reposición da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

RESOLVO:

PRIMEIRO.__De conformidade co previsto no artigo 118 da LPAC dar trámite de audiencia, por un prazo de 10 días, aos interesados no procedemento para que formulen as alegacións e presentes os documentos e xustificantes que estimen pertinentes.

SEGUNDO.__De conformidade co previsto no artigo 117 da LPAC proceder á suspensión do proceso selectivo en tanto non se resolva o recurso de reposición citado, na medida en que podería causar prexuízos de difícil ou imposible reparación, debendo procederse a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

TERCEIRO.__Notificar a presente resolución aos interesados con expresa indicación dos recursos que proceden contra a mesma”.

Cambados, a 29 de xaneiro do 2018.