PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • FEBRERO 2018 – CONVOCATORIA PLENO ORDINARIO 1 DE MARZO

FEBRERO 2018 – CONVOCATORIA PLENO ORDINARIO 1 DE MARZO

DECRETO

En uso das atribucións conferidas a esta Alcaldía polo artigo 21.1.c) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e demáis preceptos concordantes do Regulamento de Organización, Funcionamiento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado por Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro (ROF) e de conformidade co previsto no artigo 24 do R.O.M. que permite á alcaldía a instancia dos voceiros varialo día da sesión por causas xustificadas, estando a semana pasada sen rematar o expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos, polo que por medio do presente veño en convocar sesión ordinaria que se celebrará no Salón de Plenos o vindeiro día 1 de marzo, ás 21:00 horas e no caso de non existir quórum necesario, en segunda convocatoria dous días despois á mesma hora, para debatir os asuntos relacionados no seguinte:

I PARTE RESOLUTIVA

1º.- Aprobación, se procede, do ditame do expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos nº 1/2018 (G. 673/2018).

II PARTE DE CONTROL E FISCALIZACIÓN DA XESTIÓN DOS ÓRGANOS MUNICIPAIS DE GOBERNO

2º.- Acordo do grupo de goberno relativo á mellora do servizo de conserxería e limpeza nos centros educativos, dacordo cos solicitudes presentada por diversas ANPAS.
3º.- Moción do grupo municipal do Partido Popular referente á mellora do servizo de conserxería e limpeza nos centros educativos.
4º.- Moción do grupo municipal de Somos Cambados para que se atendan as reivindicacións do persoal do sector da xustiza.
5º.- Moción do grupo municipal socialista para establecer un sistema público de pensións con maior capacidade de redistribución e redución das desigualdades
6º.- Moción do grupo municipal socialista con motivo do día 8 de marzo, Día Internacional da Muller.
7º.- Moción do grupo municipal do BNG para apoiar a folga internacional re reivindicación feminista do 8 de marzo.
8º.- Moción do grupo municipal do Partido Popular sobre a comarcalización dos parques de bombeiros.
9º.- Moción do grupo municipal de Somos Cambados para que se incúan todos os tipos de AME e outras enfermedades minoritarias no Real Decreto 1148/2011
10º.- Acordo de goberno para declarar o 24 de febrero Día de Rosalía no Concello de Cambados
11º.- Moción do grupo municipal de Somos Cambados a prol da liberdade de expresión.
12º.- Dar conta das resolucións da alcaldía
13º.- Rogos e preguntas
Da presente convocatoria e da orde do día darase a debida notificación a todos os membros da Corporación, procedéndose á súa publicación no taboleiro de edictos.

DECRETO 2018-0092 [Convocatoria pleno ordinario 1 marzo 2018]