No enlace que figura neste apartado, únese o INFORME-PROPOSTA da apertura dos sobres A) e B), presentados polas empresas que tomaron parte no procedemento de contratación das obras de “CONSERVACIÓN DO PAZO DE TORRADO E SALA DA NAVE DE PEÑA”
CADRO DE CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS.
O Concello solicitou unha subvención de 11.831 euros á Diputación de Pontevedra para executar estes traballos de rehabilitación en Pazo Torrado e na Nave de Pena por problemas de humidade. Segundo o proxecto, as actuacións duraran un mes e non afectarán á estrutura dos inmobles. Tratanse de pequenas actuacións de mellora. No caso de Torrado substituirase a tarima flotante de madeira, que se atopa en mal estado de conservación pola humidade e o desgastar excesivo en zonas de circulación.
O proxecto tamén contempla a aplicación de pintura plástica antifungos de características similares á existente e que se ha estropeado como consecuencia dos cadros colocados nas exposicións artísticas que acolle esta instalación. De feito, tamén se instalarán paneles de madeira para evitar danos deste tipo. Pola súa banda, na planta baixa e o acceso desde o xardín sanearanse as paredes e aplicarase un enlucido de xeso e pintura plástica logo de tratalas. E á vista do estado das fiestras, onde se detectou unha falta de selado en moitas e cristais rotos, procederase a arranxar esta situación. Tamén se actuará na bodega do pazo, dispoñendo vidros de forma de que se permita unha ventilación natural co obxectivo de diminuír a humidade do mesmo.
En canto á nave de congresos e exposicións de Peña, situada no barrio de San Tome, tamén hai problemas con filtraciones de auga e actuarase na segunda planta, na sala onde se realizan as degustacions e ofrécense actividades para un público máis reducido. Ademais instalarase unha peza de granito sobre a barra de taboleiros que hai actualmente co obxectivo de ofrecer unha mellor e máis ampla utilización dá sala, é tamén unha mellor conservación do mobiliario, tendo en conta que este pódese ver afectado polas situacións accidentais de caídas de auga ou líquidos sobre el.
PRESUPOSTO DAS OBRAS:
Segundo o importe sinalado no proxecto redactada polo Arquitecto Municipal, ascenden a:
DENOMINACIÓN | Total | 21% IVE | TOTAL CONTRATA |
CONSERVACIÓN DO PAZO DE TORRADO E SALA DA NAVE PEÑA | 9.777,81 € | 2.053,34 € | 11.831,15 € |
PRAZO DO CONTRATO.
1 MES dende a sinatura da acta de comprobación do replanteo.
PUBLICIDADE
Os gastos dos carteis de obra serán a cargo da empresa adxudicataria e o modelo a empregar será o establecido pola Excma. Deputación Provincial para o indicado Plan.
CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN:
O único criterio será o do menor prezo de realización das obras sobre o prezo previsto na licitación.
A estes efectos o carácter desproporcionado ou anormal das ofertas, poderá apreciarse de acordo cos parámetros obxectivos establecidos regulamentariamente.
FIANZA
O adxudicatario do contrato deberá presentar unha fianza equivalente ao 5% do prezo de adxudicación excluído o IVE.
Á vista das ofertas presentadas, polo técnico municipal infórmase o seguinte: Calculada a media das ofertas presentadas, obtemos un resultado de 9.979,42 €., aplicando unha baixa do 10 %, esta media baixa a 8.981,48 €., atopándonos que estarían incursos en baixa desproporcionada as ofertas números 2 (RIMAL, S.L.) y 7 (ACEVI, S.L.). Si á media obtida inicialmente aplicámoslle un incremento dun 10 % obteríamos unha nova media de 10.977,36 €, o que suporía que teriamos que excluír do novo cálculo da media á oferta n.º 1 que supera esta cantidade, polo que a nova e definitiva media establécese en 9.769,39 €, á que aplicándolle a correspondente redución dun 10 % obteríamos un total de 8.792,45 €, motivo polo que soamente estaría en baixa desproporcionada a oferta n.º 7 da empresa ACEVI, S.L…”
Vistos os artigos 152.3 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público e 55 da Directiva 2004/18/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 31 de marzo de 2004, sobre coordinación dos procedementos de adxudicación dos contratos públicos de obras, de subministro e servizos proponse á Alcaldía/Xunta de Goberno se conceda a esta empresa (expediente contraditorio) trámite de audiencia por prazo de 10 días hábiles (artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas) para que xustifiquen a valoración da oferta e precisen as condicións da mesma que permitan, previo informe técnico, acordar se a proposta pode ser cumprida.
INFORME-PROPOSTA apertura sobres A) e B) para adxudicación de contrato.