PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • DECEMBRO 2022 – Anuncio resultados finais e proposta de nomeamento praza de letrado/a asesor/a xuridico/a (OEP/2020)

DECEMBRO 2022 – Anuncio resultados finais e proposta de nomeamento praza de letrado/a asesor/a xuridico/a (OEP/2020)

Anuncio de resultado final do proceso selectivo convocado para a cobertura dunha praza da escala de administración especial, subescala técnica, letrado/a asesor/a xurídico/a (OEP/2020) e proposta de nomeamento como funcionario de carreira

Reunido o Tribunal Cualificador en sesión celebrada o pasado 01.12.2022, e en cumprimento do disposto nas Bases sétima e oitava do proceso selectivo, fanse públicas as puntuacións acadadas nas fases de oposición e de concurso do aspirante aprobado que superou todos os exercicios obrigatorios da fase de oposición:

1 PABLO NOGUEIRA GONZÁLEZ 0,00 20,28 20,28

PROPOSTA DE NOMEAMENTO:

De conformidade coa Base novena da convocatoria o Tribunal Cualificador propón o nomeamento como funcionario de carreira para ocupar unha praza da escala de administración especial, subescala técnica, letrado/a asesor/a xurídico/a incluída na oferta de emprego público 2020 de D. Pablo Nogueira González.
No prazo de vinte días naturais contados desde a presente publicación a persoa aspirante proposta para a súa selección e nomeamento deberá presentar no Rexistro Xeral do Concello ou na forma establecida no artigo 16 da lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (coa excepción establecida na súa disposición final sétima), os seguintes documentos acreditativos das condicións de capacidade e demais requisitos esixidos na convocatoria:
a)Declaración responsable de non estar separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para emprego ou cargo público por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de funcionarios/as do que a persoa tivera sido separada ou inhabilitada.
b)Certificado médico oficial asinado por un colexiado en exercicio no que conste expresamente que se posúe a capacidade funcional (capacidades e aptitudes físicas e psíquicas) necesaria para o desempeño das funcións e tarefas da praza á que se accede.
c)Declaración responsable de non acharse incurso/a en causa algunha de incapacidade ou incompatibilidade de conformidade coa lexislación vixente e referida ao momento da súa toma de posesión.
d)Número de afiliación á seguridade sociale)Acreditación documental da conta bancaria na que se farían os seus ingresos nominais Se no prazo e forma antes indicados (agás nos casos de forza maior debidamente motivados, que serán obxecto de apreciación e estimación discrecional e potestativa por parte da Alcaldía) a persoa proposta para a súa selección e nomeamento non presentara a documentación requirida, ou da mesma se deducira que non reúne os requisitos esixidos, non poderán ser nomeada e entenderase producida a renuncia/desestimento dos seus dereitos inherentes; e isto sen prexuízo das responsabilidades nas que, de ser o caso, puideran incorrer por falsidade.

A presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá ser recorrida en alzada ante a Alcaldía, segundo establece os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común.
O recurso poderá interpoñerse ante o órgano que ditou o acto que se impugna ou ante o competente para resolvelo. Se o recurso se interpuxese ante o órgano que ditou o acto impugnado, este deberá remiti-lo ao competente no prazo de dez días, co seu informe e cunha copia completa e ordenada do expediente. O titular do órgano que ditou o acto recorrido será responsable directo do cumprimento do previsto no parágrafo anterior.
O prazo para a interposición do recurso de alzada será dun mes se o acto fose expreso. Se non o fose, o prazo será de tres meses e contarase, para o solicitante e outros posibles interesados, a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produzan os efectos do silencio administrativo.
Transcorridos ditos prazos sen terse interposto o recurso, a resolución será firme para todos os efectos.
O prazo máximo para ditar e notificar a resolución será de tres meses. Transcorrido este prazo sen que resolución, poderá entenderse desestimado o recurso.
Contra a resolución do recurso de alzada non caberá ningún outro recurso administrativo, salvo o recurso extraordinario de revisión nos casos establecidos no artigo 125 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común.

Anuncio resultados finais e proposta de nomeamento praza de letrado_a asesor_a xuridico_a (OEP_2020)