PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • NOVEMBRO 2022 – ANUNCIO DE CONVOCATORIA DA LECTURA DO CUARTO EXERCICIO DO PROCESO SELECTIVO DUNHA PRAZA DA ESCALA DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL SUBESCALA TÉCNICA, LETRADO/A ASESOR/A XURÍDICO/A INCLUÍDA NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DE 2020

NOVEMBRO 2022 – ANUNCIO DE CONVOCATORIA DA LECTURA DO CUARTO EXERCICIO DO PROCESO SELECTIVO DUNHA PRAZA DA ESCALA DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL SUBESCALA TÉCNICA, LETRADO/A ASESOR/A XURÍDICO/A INCLUÍDA NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DE 2020

O pasado 14.11.2022 convocouse o cuarto exercicio da fase de oposición de carácter obrigatorio e eliminatorio para o vindeiro martes 22 de novembro de 2022 ás 9:00 horas no Edificio Exposalnés (Paseo da Calzada, s/n, 36630 Cambados).

No anuncio de convocatoria poñíase de manifesto que as lecturas levaríanse a cabo ao termo da realización do exercicio por parte das persoas aspirantes.
Unha vez realizado o exercicio anúnciase que o Tribunal Cualificador ven de convocar aos/ás aspirantes que superaron os exercicios anteriores e realizaron o cuarto para a súa lectura en sesión pública na data de hoxe (22.11.2022) ás 12:45 horas no Edificio Exposalnés (Paseo da Calzada, s/n, 36630 Cambados).

A proba cualificarase de 0 a 10 puntos, debéndose obter unha puntuación mínima de 5 puntos para superalo, correspondendo ao tribunal determinar cal é o nivel de coñecementos necesario para alcanzar dita nota mínima. En todo caso, o tribunal valorará a capacidade de análise e a aplicación razoada dos coñecementos teóricos á resolución dos problemas prácticos presentados.
As puntuacións obtidas polas persoas aspirantes serán as medias aritméticas das cualificacións outorgadas por cada membro do tribunal.

Normas de chamamento:

A orde de actuación/chamamento dos/as aspirantes, seguirá a orde alfabética iniciándose pola letra “T” consonte á Resolución do 28 de xaneiro de 2022 pola que se fai público o resultado do sorteo a que se refire o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 24 de 04.02.2022).
Comprobarase a identidade dos/as aspirantes con carácter previo á lectura mediante a exhibición do documento nacional de identidade, pasaporte ou documento de identificación equivalente. O documento deberá estar en posesión e visible ao longo de toda a lectura cos/as aspirantes.
Cambados
O Secretario do Tribunal

Anuncio convocatoria lecturas 4º exercicio proceso selectivo letrado_a asesor_a xurídico_a (OEP_2020)