PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • NOVEMBRO 2022 – SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS A ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO 2022 – SERVIZOS SOCIAIS

NOVEMBRO 2022 – SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS A ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO 2022 – SERVIZOS SOCIAIS

N. Expediente 3164/2022
Asunto SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS A ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO 2022 – SERVIZOS
SOCIAIS

ANUNCIO

Mediante acordo da Xunta de Goberno Local de data 9 de novembro de 2022 adoptouse a seguinte resolución (en extracto),

PRIMEIRO.- Conceder as subvencións correspondentes á “Convocatoria de subvencións municipais a entidades sen fins de lucro para o ano 2022correspondentes á área de servizos sociais, ás solicitudes que figuran a continuación (8), de acordo co seguinte detalle:

ENTIDADES BENÉFICO-ASISTENCIAIS

Aplicación 2310.48900

ENTIDADE

IMPORTE

1

ASOC DE FAMILIARES DE ENFERMOS CON ALZHEIMER – AFASAL

1.000,00 €

2

ASOC CONTRA O MALTRATO ESMAR MALTRATO CERO

745,00 €

3

ASOC PARKINSON DE LA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

1.500,00 €

4

CÁRITAS DIOCESANA DE SANTIAGO (Parroquial de Cambados)

3.000,00 €

5

DOWN PONTEVEDRA “XUNTOS” ASOC SINDROME DE DOWN

1.500,00 €

6

ASOC ESPAÑOLA CONTRA EL CANCER

2.000,00 €

7

ASOC LAR PRO-SALUD MENTAL

1.500,00 €

8

ASOC TDAH SALNES

1.000,00 €

TOTAL

12.245,00 €

SEGUNDO.- As entidades beneficiarias deberán presentar a xustificación da subvención concedida segundo o contido e forma disposto nas bases da convocatoria, entendéndose en caso contrario que desisten da súa petición.

TERCEIRO.- Publicar o presente Acordo de concesión das subvencións no taboleiro de anuncios do Concello de Cambados aloxado na sede electrónica municipal (https://cambados.sedelectronica.gal), aos efectos do disposto no artigo 26 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións e artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.”

De acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015 do 1 de outubro de procedemento administrativo común das Administracións Públicas contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Xunta de Goberno Local no prazo dun mes contado desde o día seguinte a súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte a súa publicación, nos termos recollidos na lexislación vixente.

Non se poderá interponer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou non se producira a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.