PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • XUÑO 2022 – EXPOXICIÓN PÚBLICA DA MATRÍCULA DO IMPOSTO SOBRE ACTIVIDADES ECONÓMICAS (IAE) CORRESPONDENTE Ó EXERCICIO 2022

XUÑO 2022 – EXPOXICIÓN PÚBLICA DA MATRÍCULA DO IMPOSTO SOBRE ACTIVIDADES ECONÓMICAS (IAE) CORRESPONDENTE Ó EXERCICIO 2022

ANUNCIO

EXPOSICIÓN PÚBLICA DA MATRÍCULA DO IMPOSTO SOBRE ACTIVIDADES ECONÓMICAS CORRESPONDENTE Ó EXERCICIO 2022

De conformidade co artigo 90 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, a matrícula do Imposto sobre Actividades Económicas do exercicio do 2022 exponse ao público, durante 15 días naturais dende o día seguinte ó da publicación do presente anuncio, nos seguintes concellos:

ARBO, BARRO, BAIONA, CALDAS DE REIS, CAMBADOS, CAMPO LAMEIRO, CANGAS, A CAÑIZA, CATOIRA, CERDEDO–COTOBADE, COVELO, CRECENTE, CUNTIS, DOZÓN, A ESTRADA, FORNELOS DE MONTES, AGOLADA, GONDOMAR, LALÍN, A LAMA, MEAÑO, MEIS, MOAÑA, MONDARIZ, MONDARIZ-BALNEARIO, MORAÑA, MOS, AS NEVES, NIGRÁN, OIA, PAZOS DE BORBÉN, POIO, PONTEAREAS, PONTE-CALDELAS, PONTECESURES, O PORRIÑO, PORTAS, RODEIRO, O ROSAL, SALCEDA DE CASELAS, SALVATERRA DE MIÑO, SANXENXO, SILLEDA, SOUTOMAIOR, TOMIÑO, TUI, VALGA, VILABOA, VILA DE CRUCES, VILANOVA DE AROUSA.

Contra os actos de inclusión dun suxeito na matrícula, así como a súa exclusión ou alteración de calquera dos datos que deben constar na mesma, os interesados poderán interpor no prazo dun mes, a contar desde o seguinte ó do remate do período de exposición pública, recurso de reposición perante o órgano da Administración Tributaria do Estado competente ou reclamación económica-administrativa ante o Tribunal Económico-Administrativo Rexional de Galicia no mesmo prazo, sen que poidan interpoñerse simultaneamente ámbolos recursos (art. 91 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e art. 4 do Real Decreto 243/1995, de 17 de febreiro).

O Tesoureiro,