PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • XUÑO 2022 – FOGUEIRAS DE SAN XOÁN E SAN PEDRO

XUÑO 2022 – FOGUEIRAS DE SAN XOÁN E SAN PEDRO

Aquelas persoas interesadas en realizar as tradicionais fogueiras de San Xoán (noite do 23 ao 24 de xuño) e San Pedro (noite do 28 ao 29 de xuño), teñen de prazo ata o día 21 de xuño (San Xoán) e ata o día 23 de xuño (San Pedro), para presentar unha comunicación de forma presencial nas Oficinas da Policía Local de Cambados (horario de 9:00 a 14:00 horas) ou electrónicamente a través da sede electrónica do Concello (https://cambados.sedelectronica.gal), segundo o modelo que se habilita a este efecto.

Facemos un chamamento á veciñanza para o cumprimento das normas de seguridade que se detallan na comunicación.
O que se fai público para xeral coñecemento facéndose difusión do
modelo de comunicación a presentar.

Modelo comunicación previa fogueiras San Xoán e San Pedro

Modelo comunicación previa fogueiras San Xoán e San Pedro


Cambados 07 de xuño de 2022