PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • MARZO 2022 – BASE REGULADORAS PARA A CONTRATACION POR CONCURSO DE 21 TRABALLADORES /TRABALLADORAS COMO PERSOAL LABORAL DE DURACIÓN DETERMINADA

MARZO 2022 – BASE REGULADORAS PARA A CONTRATACION POR CONCURSO DE 21 TRABALLADORES /TRABALLADORAS COMO PERSOAL LABORAL DE DURACIÓN DETERMINADA

BASE REGULADORAS PARA A CONTRATACION POR CONCURSO DE 21 TRABALLADORES /TRABALLADORAS COMO PERSOAL LABORAL DE DURACIÓN DETERMINADA PRIMEIRA. OBXECTO DA CONVOCATORIA

O obxecto da convocatoria é proveer vinteún (21) postos de traballo como persoal laboral temporal de duración determinada a tempo parcial de acordo coas Bases e a convocatoria do Plan Provincial de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2022 (BOP nº230 do 27.11.2021) e ao amparo da liña 3. Emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais.

As citadas contratacións presentan unha autonomía e sustantividade propia e son limitadas no tempo, respondendo ás necesidades autónomas e non permanentes da producción, con autonomía e sustantividade propia dentro da actividade normal desta Administración.

As contratacións serán temporais cun contrato por obra ou servicio a tempo parcial, coa xornada que se específica en cada posto que se convoca, de acordo coa memoria aprobada e denominada:

“EMPREGO PARA A CONSERVACION E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVICIOS MUNICIPAIS”

Bases de convocatoria

ANEXO I – MODELO DE INSTANCIA

ANEXO II – DECLARACIÓN XURADA