PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • MARZO 2022 – DELEGACIÓN NA CONCELLEIRA MARIEL OUBIÑA VÁZQUEZ PARA CELEBRACIÓN DE MATRIMONIO

MARZO 2022 – DELEGACIÓN NA CONCELLEIRA MARIEL OUBIÑA VÁZQUEZ PARA CELEBRACIÓN DE MATRIMONIO

DELEGACIÓN NA CONCELLEIRA MARIEL OUBIÑA VÁZQUEZ PARA CELEBRACIÓN DE MATRIMONIO

Expte. 5366/2021

Matrimonio civil – Delegación en concelleira

RESOLUCION DA ALCALDIA

Debendo celebrarse voda civil, o día 25 de febreiro, ás 12’45 horas, polos contraentes Don CESAR GARCÍA PADÍN e Dona CRISTINA RÍOS VARELA, e toda vez que o artigo 51 do Código Civil, en concordancia co artigo 43 do Real Decreto 2568/1986, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, establece, o primeiro, a competencia para autorizar matrimonios civís do Alcalde, ou Concelleiro en quen delegue, e o segundo a atribución da Alcaldía de dispoñer delegacións especiais para cometidos específicos en calquera Concelleiro, anque non pertenza á Xunta de Goberno Local, é polo que, en base ó exposto, pola presente teño a ben,

RESOLVER:

1º.- Delegar na Concelleira da Corporación de Cambados, Dª MARIEL OUBIÑA VÁZQUEZ, para que o día 25 de febreiro do ano 2.022, actúe, por delegación desta Alcaldía, na voda civil a celebrar nesta Casa Consistorial, ás 12’45 horas, entre os contraentes ; e,

2º.- Que da presente Resolución se dea conta á Sra. Concelleira-Delegada e aos contraentes, para o seu coñecemento e oportunos efectos, remitíndose asimesmo copia da presente Resolución, xunto co testemuño da realización da voda ao Xuiz-Encargado do Rexistro Civil de Cambados, para o seu coñecemento e efectos procedentes.

3º.- A presente resolución terá efectos dende o momento da súa sinatura, sen prexuízo da súa publicación no BOPPO.

DOCUMENTO ASINADO ELECTRÓNICAMENTE