ANUNCIO
Para tomar parte no proceso selectivo os candidatos/as incluídos nas listas remitidas pola Oficina de Emprego ao Concello de Cambados por ser desempregado/a, inscrito/a no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e que estean dispoñibles para o emprego, deberán presentar, debidamente cumprimentados os Anexos I e II, xunto coa seguinte documentación, de ser o caso:
Xustificante da condición de vítima de violencia de xénero ou discapacidade superior ao 33 %.
Xustificante da condición de familia monoparental.
Xustificante/s dos cursos de formación relacionados co posto ao que se presenta.
* Prazo de presentación: Do 16 ao 18 de marzo de 2022 de xeito electrónico.
* Lugar e forma de presentación da solicitude e documentación:
Preferentemente de xeito electrónico (a través da sede do Concello de Cambados: https://cambados.sedelectronica.gal/ apartado “instancia xeral”)
Admítese tamén calquera dos lugares establecidos no artigo en 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro de procedemento administrativo común das Administracións Públicas, comunicando a presentación ao seguinte e-mail: departamentopersoal@cambados.es
De non poder realizar a presentación de xeito electrónico, poderán facelo presencialmente no Departamento de Contratación (Casa Consistorial – Praza do Concello – 2ª planta), de acordo co seguinte calendario: