PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • XANEIRO 2022 – Resolución de Nomeamento de Funcionario de Carreira

XANEIRO 2022 – Resolución de Nomeamento de Funcionario de Carreira

Resolución de Nomeamento de Funcionario de Carreira

Antecedentes
1.Con data do 23.07.2020, publicáronse no BOP número 140 as bases reguladoras do proceso selectivo para a provisión dun Oficial de Administración para a cobertura dunha praza de Oficial de Administración pola quenda libre anunciándose a convocatoria mediante a inserción dun extracto no BOE número 246 do 15.09.2020.
2.Logo da celebración do proceso selectivo con arranxo ao disposto nas citadas bases reguladoras o Tribunal Cualificador, con data 23.11.2021 emite, á vista do resultado do devandito proceso selectivo, proposta de nomeamento como funcionario de carreira en favor de D. Victor Lorenzo Abelleira Argibay.
3.Posteriormente, o interesado proposto, dentro do prazo regulamentario de 20 días naturais, declarou que segue reunindo todos e cada un dos requisitos esixidos, e acreditados, no momento de terse presentado ao proceso selectivo, así como de non estar incurso en causa de incompatibilidade de conformidade coas previsións normativas aplicables ao respecto.
O funcionario nomeado deberá tomar posesión da respectiva praza na data que se lle indique ao efecto dentro do prazo dun mes a partir da publicación do nomeamento no DOG.
Fundamentos Xurídicos
Visto que o tribunal axustou as súas actuacións ás bases da convocatoria e que a persoa aspirante aprobada e a proposta para nomeamento declarou que segue reunindo todos e cada un dos requisitos esixidos, e acreditados, no momento de terse presentado ao proceso selectivo, así como de non estar incurso en causa de incompatibilidade de conformidade coas previsións normativas aplicables ao respecto.
Visto que correspóndelle á Alcaldía o nomeamento dos funcionarios de carreira consonte á base 10ª da convocatoria.
Visto que a base 11ª da convocatoria prevé a creación dunha bolsa de emprego temporal derivada desta convocatoria conformada polos/as aspirantes finalmente non seleccionados, pero que tiveran superado todas as probas da fase oposición que lle resultaran obrigatorias, e por orde descendente de puntuacións
En uso das competencias atribuídas a esta Alcaldía en materia de xefatura superior de persoal pola lexislación de réxime local e das bases 10ª e 11ª da convocatoria,

RESOLVO:

1.Prestar aprobación á proposta do tribunal cualificador do proceso selectivo celebrado pola quenda libre aos efectos de nomear, como funcionario de carreira para ocupar unha praza de Oficial de Administración integrada na Escala de Administración Xeral Subescala Auxiliar (Grupo C Subgrupo C2) a D. Victor Lorenzo Abelleira Argibay.
2.Nomear a D. Victor Lorenzo Abelleira Argibay, funcionario de carreira deste Concello, para ocupar unha praza de Oficial de Administración integrada na Escala de Administración Xeral, Subescala Auxiliar (Grupo C Subgrupo C2), a proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda libre, da OEP de 2017.
3.Comunicar a resolución de nomeamento á persoa interesada arriba sinalada que deberá, tomar posesión da respectiva praza na data que se lle indique ao efecto dentro do prazo dun mes a partir da publicación do nomeamento no DOG.
De conformidade co artigo 13.1 do Real decreto 598/1985, sobre incompatibilidades do persoal ao servizo da Administración do Estado, Seguridade Social e dos Entes, organismos e empresas dependentes na acta de toma de posesión do funcionario nomeado constará a manifestación do interesado de que non ven desempeñando ningún posto ou actividade no sector público delimitado polo artigo primeiro da Lei 53/1984, de incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións Públicas, indicando así mesmo que non realiza actividades privadas incompatibles ou suxeitas ao recoñecemento de compatibilidade a non ser que soliciten o recoñecemento de compatibilidade para actividades privadas ou postos do sector público de conformidade coa normativa de incompatibilidades nos prazos sinalados por esta.
4.Ordenar publicar anuncio de nomeamento no BOP, no DOG no taboleiro de edictos/anuncios  e páxina web municipais, sen prexuízo da pertinente notificación ao interesado.
5.Aprobar a bolsa de emprego temporal derivada desta convocatoria e do proceso selectivo desenvolto nos termos da claúsula 11ª das bases do proceso selectivo conformada polos/as aspirantes finalmente non seleccionados, pero que tiveran superado todas as probas da fase oposición que lle resultaran obrigatorias, e por orde descendente de puntuacións tal e como segue:

Número Nome Apelido1 Apelido2
1 JUAN LUIS GUILLAN TIRADO
2 DAVID GAVILANES LÓPEZ
3 LUCÍA CARIDE NIMES
4 MARÍA JOSÉ CONDE TOMÉ
5 ANA BELÉN GOENAGA GONZÁLEZ
6 VERÓNICA GONZÁLEZ GONZÁLEZ
7 MONSERRAT VIEITES RÚA
8 SORAYA BORRAGEIROS GARCÍA
9 ELENA REY CAMIÑO
10 ROCÍO MARTÍNEZ PÉREZ
11 CRISTINA VIDAL COTA
12 RAÚL BLANCO CHAVES
13 ESTELA NÚÑEZ FANDIÑO