PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • XANEIRO 2022 – Anuncio resultados e proposta de nomeamento proceso selectivo promoción interna para funcionarización praza de administrativo/a / intervención (OEP/2020)

XANEIRO 2022 – Anuncio resultados e proposta de nomeamento proceso selectivo promoción interna para funcionarización praza de administrativo/a / intervención (OEP/2020)

Anuncio resultados e proposta de nomeamento proceso selectivo promoción interna para funcionarización praza de administrativo/a / intervención (OEP/2020)

Reunido o Tribunal Cualificador encargado da selección en quenda de promoción interna para funcionarización dunha praza vacante de administrativo/a intervención, comprobouse que o aspirante que superou os dous primeiros exercicios conta co nivel de coñecemento de galego esixido pola Base cuarta polo que, en virtude do disposto na Base decimprimeira e cuarta das específicas, atópase exento da realización do terceiro exercicio.
En cumprimento do disposto na Base décima segunda do proceso selectivo, faise pública a relación de aspirantes que superaron todos os exercicios da oposición e as súas puntuacións finais totais:
Número Apelidos e Nome Fase concurso Fase oposición Puntuación

Gónzález García, Alejandro 91,44

PROPOSTA DE NOMEAMENTO:

De conformidade coa Base décimo segunda da convocatoria, o Tribunal Cualificador propón o nomeamento como funcionario de carreira da escala de administración xeral, subescala administrativa, praza de administrativo/a de intervención, do seguinte aspirante:

Alejandro González García

Requirir á persoa seleccionadas para que, no prazo máximo de 20 días naturais a contar dende o día seguinte á publicación do presene anuncio no taboleiro de edictos da sede electrónica municipal e na web municipal, aporte a seguinte documentación:

Declaración responsable de que seguen reunindo todos e cada un dos requisitos esixidos, e acreditados, no momento de terse presentado ao proceso selectivo, así como de non estar incurso en causa de incompatibilidade de conformidade coas previsións normativas aplicables ao respecto (e ilo sen prexuízo da responsabilidade na que, no seu caso, e por falsidade na dita declaración, puidese incorrer).

Se dentro do prazo indicado (agás nos casos de forza maior, debidamente motivados e que deberán ser apreciados e estimados, potestativamente, pola Alcaldía), os/as aspirantes seleccionados/as non presentaran a documentación requirida, ou da mesma se deducira que non reúnen os requisitos esixidos, non poderán ser nomeados, e quedarán anuladas todas as actuacións previas, sen prexuízo das responsabilidades en que puidera incorrer por falsidade.
A presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá ser recorrida en alzada ante a Alcaldía, segundo establece os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común.

O recurso poderá interpoñerse ante o órgano que ditou o acto que se impugna ou ante o competente para resolvelo. Se o recurso se interpuxese ante o órgano que ditou o acto impugnado, este deberá remiti-lo ao competente no prazo de dez días, co seu informe e cunha copia completa e ordenada do expediente. O titular do órgano que ditou o acto recorrido será responsable directo do cumprimento do previsto no parágrafo anterior.

Cambados

Anuncio resultados e proposta de nomeamento proceso selectivo promoción interna para funcionarización praza de administrativo a intervención (OEP_2020)