PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • FEBREIRO 2021 – APROBACIÓN DEFINITIVA MODIFICACIÓN ORDENANZA MUNICIPAL DE TRÁFICO

FEBREIRO 2021 – APROBACIÓN DEFINITIVA MODIFICACIÓN ORDENANZA MUNICIPAL DE TRÁFICO

Ordenanzas e Regulamentos

APROBACIÓN DEFINITIVA MODIFICACIÓN ORDENANZA MUNICIPAL DE TRÁFICO

Expte. 4597/2020

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria celebrada o 26.11.2020, acordou aprobar inicialmente a modificación da Ordenanza Municipal de Tráfico; publicado o anuncio de aprobación inicial no B.O.P. nº 239 de 11.12.2020.

Transcorrido o prazo de trinta días de exposición pública sen que se formulara ningunha reclamación ou alegación, de acordo co artigo 49 da Lei 7/1985, de Bases do Réxime Local, enténdese aprobado con carácter definitivo o texto dos artigos obxecto da modificación, que se publican integramente a continuación:

“Artigo 5º

Corresponde a Alcaldía, a través de Bandos, clasifica-las vías e fixa-lo sentido e dirección da circulación atendendo á capacidade das vías, a intensidade do tráfico; á máis correcta ordenación do mesmo; á distribución do estacionamento, ou á conveniencia de reservar zonas para uso exclusivo de determinados usuarios.

O límite máximo de velocidade ao que poderán circular os vehículos nas vías urbanas definidas no artigo 6º da presente Ordenanza fíxase en 30 km/h, sen prexuízo das maiores limitacións que se establezan por parte do Regulamento Xeral de Circulación.

Artigo 25º

Artigo 25º. 1. As reservas de carga e descarga de carácter xeral estarán sometidas a réxime de limitación de horario, que se fixará con carácter xeral de 9.00 a 12.00 horas e de
16.00 a 18.00 horas de luns a sábado.

2. Atendendo a circunstancias de situación, proximidade de outras zonas reservadas ou frecuencia do uso, poderán establecerse variantes ó mencionado réxime xeral de horario.

3. Tanto o emprazamento das reservas de carga e descarga de carácter xeral coma os seus horarios serán determinados a través de Bandos da Alcaldía.”

A presente modificación entrará en vigor unha vez publicado no Boletín Oficial da Provincia e transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da lei 7/1985, do 2 de abril, continuando a súa vixencia ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.

Contra o presente acordo poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte á publicación do presente anuncio, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, da Xurisdición Contencioso-Administrativa.

Documento asinado e datado electrónicamente.