PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • OUTUBRO 2020 – CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O ENSINO E O TRANSPORTE DO CONCELLO DE CAMBADOS 2020/2021

OUTUBRO 2020 – CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O ENSINO E O TRANSPORTE DO CONCELLO DE CAMBADOS 2020/2021

BDNS(Identif.):526469

De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de Datos Nacional de Subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/526469)

Primeiro. Beneficiarios

Colectivos con carencias económicas e familias con menos recursos económicos do Concello de Cambados, que cumpran os requisitos fixados na convocatoria.

Segundo. Obxecto

É obxecto das subvencións establecer un réxime compensatorio de carácter social destinado a colectivos con carencias económicas, co obxecto de paliar os gastos que supón a escolarización pública, ensinanzas artísticas e formación universitaria en familias con menos recursos económicos do Concello de Cambados.

Terceiro. Bases reguladoras

Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Cambados, aprobada polo Pleno en sesión celebrada o 28 de outubro de 2004 e publicada no BOPPO nº 217 do 10 de novembro de 2004.

Cuarto. Contía da axuda

Para o financiamento deste programa de axudas establécese crédito en contía máxima de 31.300,00 euros na aplicación 320.481.00 do Orzamento do Concello de Cambados para o exercicio 2020. De acordo co mesmo, a concesión das axudas queda condicionada á existencia de crédito idóneo e suficiente no momento da resolución da concesión.

A determinación da contía individualizada de cada subvención resultará da puntuación obtida tras a aplicación dos criterios e contías máximas establecidos nas bases da convocatoria

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais contados a partir do día seguinte da publicación do extracto da convocatoria na forma e termos previstos na Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións, en relación coa Base de Datos Nacional de Subvencións.

Sexto. Outros datos

As solicitudes de subvención presentaranse segundo os formularios que figuran nas Bases da convocatoria.

Cambados, 01/10/2020

BASES CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O ENSINO E O TRANSPORTE DO CONCELLO DE CAMBADOS 2020-21

FORMULARIOS AXUDAS PARA O ENSINO E O TRANSPORTE DO CONCELLO DE CAMBADOS 2020-21

SOLICITUDE CITA PREVIA POR INTERNET