PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • OUTUBRO 2020 – SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS A ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO PARA O ANO 2020

OUTUBRO 2020 – SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS A ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO PARA O ANO 2020

CONVOCATORIA PÚBLICA DE SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS A ENTIDADES
SEN FINS DE LUCRO PARA O ANO 2020

BDNS(Identif.):526470

De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de Datos Nacional de Subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/526470)

Primeiro. Beneficiarios

Poderán solicitar estas subvencións as entidades sen fins de lucro e cumpran os requisitos fixados nas Bases da convocatoria.

Segundo. Obxecto

A finalidade desta convocatoria é promover, fomentar e apoiar as asociacións, entidades e clubs deportivos na realización de actividades culturais, deportivas, asociativas, sociais, asistencias e educativas durante o ano 2020.

Terceiro. Bases reguladoras

Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Cambados, aprobada polo Pleno en sesión celebrada o 28 de outubro de 2004 e publicada no BOPPO nº 217 do 10 de novembro de 2004.

Cuarto. Contía da axuda

As contías previstas no Orzamento Municipal 2019 para esta convocatoria de subvencións e que representan o máximo de obrigacións que se poden adquirir, son as consignadas nas seguintes aplicacións orzamentarias:

2310.48900

Transf. a entidades benéfico-asistenciais

27.000,00 €

3260.48900

Transf. para actividades complementarias de educación

5.100,00 €

3340.48900

Transf. a entidades culturais

6.200,00 €

3370.48900

Transf. ocio e tempo libre

6.700,00 €

3380.48900

Transf. festas populares

3.000,00 €

3410.48900

Transf. a entidades deportivas

72.000,00 €

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

As entidades interesadas poderán solicitar as subvencións no prazo de quince días naturais, contados a partir do día seguinte da publicación do extracto da convocatoria no BOPPO na forma e termos previstos na Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións, en relación coa Base de Datos Nacional de Subvencións.

Sexto. Outros datos

As solicitudes de subvención presentaranse segundo os formularios que figuran nas Bases da convocatoria.

BASES CONVOCATORIA SUBVENCIÓNS ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO 2020

FORMULARIO SUBVENCIÓNS ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO 2020