Por Decreto da Alcaldía nº 2020-1263, de data 21/10/2020, adxudicouse o contrato das obras de “MELLORA DA CAPA DE RODADURA DO VIAL DE ACCESO ÁS DEPURADORAS POLA COSTA”, á empresa “NEMESIO ORDOÑEZ, S.A.”, que as executará polo prezo e mellora seguinte:
Empresa |
Prezo Ive engadido |
Baixa |
Execución mellora |
NEMESIO ORDOÑEZ, S.A. |
67.666,20 |
30.642,97 |
Si (*) |
(* Descrición da mellora) Aportación de filler de cemento na partida de aglomerado asfáltico para mellorar a estabilidade do pavimento dada a situación tan próxima ao mar e a circulación de vehículos pesados. Aportación de filler de cemento de 2% en peso sobre Tm de mestura bituminosa en quente tipo AC 16 SURF 50/70 d (D-12). |
As obras están subvencionadas ao 100% pola Excma. Deputación Provincial, con cargo ao Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos 2018-2019. Anualidade 2019).
O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 8.1 a) da Lei 19/2013, de 9 de novembro de transparencia, acceso a información pública e bo goberno dos Concellos e co disposto na Base décimo quinta das Reguladoras do Plan Concellos 2018-2019.
En Cambados, 21 de outubro de 2020