PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • DECEMBRO 2017 – PUBLICIDADE MELLORA DO PARQUE MÓBIL MUNICIPAL (FURGONETA, CAMIÓN GRÚA E BARREDORA)

DECEMBRO 2017 – PUBLICIDADE MELLORA DO PARQUE MÓBIL MUNICIPAL (FURGONETA, CAMIÓN GRÚA E BARREDORA)

Por Resolución desta Alcaldía, de data 20/12/2017, adxudicáronse os lotes 3, 4 e 5 para o subministro de “MELLORA DO PARQUE MÓBIL MUNICIPAL (FURGONETA, CAMIÓN GRÚA E BARREDORA)”, subvencionado ao 100% pola Excma. Deputación Provincial con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos 2015 (PPOS/2015), por importe de 33.437,70 € e que foi destinada á adquisición dos investimentos que se relación a continuación:

– LOTE 3: SUBMINISTRO DE CAMIÓN GRÚA, adxudicado á empresa “DESPERTANDO SOCIEDAD DE GESTIÓN INMOBILIARIA Y NÁUTICA, S.L.” por un importe de 14.900,00 € (Ive incluido).

– LOTE 4: SUBMINISTRO DE FURGONETA PARA SERVIZO DE OBRAS, adxudicado á empresa “AUTOS ELANUX, S.L.”, por un importe de 7.925,00 € (Ive incluido).

– LOTE 5: SUBMINISTRO DE MÁQUINA FREGADORA-BARREDORA, adxudicado á empresa “BAYGARS.L.” por un importe de 9.075,00 € (Ive incluido).

No procedemento de licitación dos mencionados lotes de subministros prodúxose unha baixa total de 1.537,70 €.

Faise público en cumprimento do disposto na Base 15 das Reguladoras da convocatoria e no artigo 8.1. a) da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información e bo goberno.

En Cambados, a 26 de decembro de 2017.