PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • MARZO 2023 – APROBACIÓN INICIAL MODIFICACIÓN ORZAMENTARIA

MARZO 2023 – APROBACIÓN INICIAL MODIFICACIÓN ORZAMENTARIA

APROBACIÓN INICIAL MODIFICACIÓN ORZAMENTARIA

N. Expediente: 1124/2023

ANUNCIO APROBACIÓN INICIAL MODIFICACIÓN ORZAMENTARIA

O Pleno desta Corporación, en sesión extraordinaria celebrada o día 20 de marzo de 2023, acordou a aprobación inicial do expediente de modificación orzamentaria baixo a modalidade de suplemento de crédito co n.º 2023/MOD/007 e por importe total de 705.605,73 €.

De acordo co establecido nos artigos 177.2 e 169.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, sométese o expediente administrativo a exposición pública polo período de 15 días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, para que os interesados poidan examinalo e interpor perante o Pleno as reclamacións que consideren oportunas.

A modificación orzamentaria considerarase definitivamente aprobada se durante o citado prazo non se presentaran reclamacións en contra da mesma.

DOCUMENTO ASINADO ELECTRONICAMENTE