PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • MARZO 2023 – PROC. SELECTIVO PLAN CONCELLOS/2023 – LIÑA 3 – Prazo presentación documentación

MARZO 2023 – PROC. SELECTIVO PLAN CONCELLOS/2023 – LIÑA 3 – Prazo presentación documentación

ANUNCIO

PLAN CONCELLOS LIÑA 3. PROGRAMA DE ACTIVACION DO EMPREGO

Para tomar parte no proceso selectivo os candidatos/as incluídos nas listas remitidas pola Oficina de Emprego ao Concello de Cambados por ser desempregado/a, inscrito/a no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e que estean dispoñibles para o emprego, deberán presentar, debidamente cumprimentados os Anexos I e II, xunto coa seguinte documentación, de ser o caso:

a) Copia do libro de familia e declaración xurada de cargas familiares (Anexo II).
b) Declaración de ingresos obtidos polo/a aspirante e a súa unidade familiar no mes de febreiro de 2023 segundo Anexo II.
c) Documentación acreditativa da condición de vítima de violencia de xénero ou da discapacidade superior ao 33 %
d) Acreditación da condición de familia monoparental.
e) Xustificante/s dos cursos de formación relacionados co posto ao que se presenta.
* Prazo de presentación: Do 29 ao 31 de marzo de 2023 de xeito electrónico.
* Lugar e forma de presentación da solicitude e documentación:
– Preferentemente de xeito electrónico (a través da sede do Concello de Cambados: https://cambados.sedelectronica.gal/ apartado “instancia xeral”)
– Admítese tamén calquera dos lugares establecidos no artigo en 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro de procedemento administrativo común das Administracións Públicas, comunicando a presentación ao seguinte e-mail:
departamentopersoal@cambados.es
– De non poder realizar a presentación de xeito electrónico, poderán facelo presencialmente no Rexistro do Concello (Casa Consistorial – Praza do Concello, de acordo co seguinte calendario:

ANUNCIO PRESENTACIÓN DOCUMENTACIÓN