PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • SETEMBRO 2022 – CONVOCATORIA PÚBLICA DE SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS A ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO PARA O ANO 2022

SETEMBRO 2022 – CONVOCATORIA PÚBLICA DE SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS A ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO PARA O ANO 2022

De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de Datos Nacional de Subvencións

(https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/646360)

Primeiro. Beneficiarios.

Poderán solicitar estas subvencións as entidades sen fins de lucro que cumpran os requisitos fixados nas Bases da convocatoria.

Segundo. Obxecto.

A finalidade desta convocatoria é promover, fomentar e apoiar as asociacións, entidades e clubs deportivos na realización de actividades culturais, deportivas, asociativas, sociais, asistencias e educativas durante o ano 2022.

Terceiro. Bases reguladoras.

Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Cambados, aprobada polo Pleno en sesión celebrada o 28 de outubro de 2004 e publicada no BOPPO nº 217 do 10 de novembro de 2004.

Cuarto. Contía da axuda.

As contías previstas no Orzamento Municipal 2022 para esta convocatoria de subvencións e que representan o máximo de obrigacións que se poden adquirir, son as consignadas nas seguintes aplicacións orzamentarias:

Aplicación Importe

2310.48900–TRANSF. A ENTIDADES BENÉFICO-ASISTENCIAIS 27.000,00 €

3260.48900–TRANSF. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS EDUCACIÓN (ANPAS) 5.000,00 €

3340.48900- TRANSF. A ENTIDADES CULTURAIS 25.000,00 €

3370.48900–TRANSFERENCIAS OCIO E TEMPO LIBRE 5.000,00 €

3380.48900–TRANSF. FESTAS POPULARES 12.000,00 €

3410.48900–TRANSF. A ENTIDADES DEPORTIVAS 80.000,00 €

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes.

As entidades interesadas poderán solicitar as subvencións no prazo de quince días naturais, contados a partir do día seguinte da publicación do extracto da convocatoria no BOPPO na forma e termos previstos na Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións, en relación coa Base de Datos Nacional de Subvencións.

Sexto. Outros datos.

A publicidade dos distintos actos derivados da presente convocatoria farase no taboleiro de anuncios do Concello de Cambados, aloxado na sede electrónica municipal
(https://cambados.sedelectronica.gal), aos efectos do disposto no artigo 26 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións e artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

BASES CONVOCATORIA SUBVENCIÓNS ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO 2022

ANEXO VI SUBVENCIÓNS ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO 2022

ANEXO V SUBVENCIÓNS ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO 2022

ANEXO IV SUBVENCIÓNS ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO 2022

ANEXO III SUBVENCIÓNS ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO 2022

ANEXO II.2 SUBVENCIÓNS ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO 2022

ANEXO II.1 SUBVENCIÓNS ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO 2022

ANEXO I.3 SUBVENCIÓNS ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO 2022

ANEXO I.2 SUBVENCIÓNS ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO 2022

ANEXO I.1 SUBVENCIÓNS ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO 2022