PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • DECEMBRO 2018 – APROBACIÓN DEFINITIVA DE MODIFICACIÓNS ORZAMENTARIAS

DECEMBRO 2018 – APROBACIÓN DEFINITIVA DE MODIFICACIÓNS ORZAMENTARIAS

ANUNCIO APROBACIÓN DEFINITIVA MODIFICACIÓNS ORZAMENTARIAS

Aprobados polo Pleno deste Concello, en sesión extraordinaria celebrada o día 30 de outubro de 2018, os expedientes de modificacións orzamentarias de suplemento de crédito n.º 01/2018 (Expediente 3819/2018) e transferencia de créditos nº 06/2018 (Expediente 4513/2018), e non téndose presentado reclamacións durante o prazo de exposición ao público, en cumprimento do que dispón, o artigo 169.3 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais (TRLRFL), 2/2004 de 5 de marzo, faise público que, tralas modificacións operadas, o orzamento de gastos e ingresos, resumido por capítulos, resulta como segue:

ESTADO DE GASTOS

CAPÍTULO

DESCRICIÓN

CRÉDITOS DEFINITIVOS

1

GASTOS DE PERSOAL

4.530.642,95 

2

GASTOS EN BENS CORRENTES E SERVIZOS

4.609.337,06 

3

GASTOS FINANCEIROS

6.042,57 

4

TRANSFERENCIAS CORRENTES

346.947,83 

5

FONDO DE CONTINXENCIA E OUTROS IMPREVISTOS

5.660,35 

6

INVERSIÓNS REAIS

1.506.018,69 

7

TRANSFERENCIAS DE CAPITAL

235.190,25 

8

ACTIVOS FINANCEIROS

22.000,00 

9

PASIVOS FINANCEIROS

262.845,06 

TOTAL … … …

11.524.684,76 €

ESTADO DE INGRESOS

CAPÍTULO

DESCRICIÓN

PREVISIÓNS DEFINITIVAS

1

IMPOSTOS DIRECTOS

2.529.000,00 

2

IMPOSTOS INDIRECTOS

165.000,00 

3

TAXAS, PREZOS PÚBLICOS E OUTROS INGRESOS

2.064.702,00 

4

TRANSFERENCIAS CORRENTES

4.731.478,26 

5

INGRESOS PATRIMONIAIS

207.500,00 

7

TRANSFERENCIAS DE CAPITAL

1.385.449,96 

8

ACTIVOS FINANCEIROS

441.554,54 

TOTAL … … …

11.524.684,76 €

O que se publica para os efectos previstos na lexislación citada, facendo constar que contra a aprobación definitiva poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, segundo o disposto no artigo 171 do TRLRFL, na forma e prazos que establecen as normas da devandita xurisdición.