PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • NOVEMBRO 2018 – SUBVENCIÓNS ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO 2018

NOVEMBRO 2018 – SUBVENCIÓNS ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO 2018

Vista a Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Cambados (BOPPO nº 217 de 10 de novembro de 2004).
Considerando que nos Orzamentos 2018 consignouse crédito para a concesión de subvencións para fomentar e apoiar as asociacións, entidades e clubs deportivos na realización de actividades culturais, deportivas, asociativas, sociais, asistencias e educativas durante o ano 2018, nas seguintes aplicacións orzamentarias e polos seguintes importes:

  • 231.489.00 Transf. a entidades benéfico-asistenciais 27.000,00 €
  • 326.489.00 Transf. para actividades complementarias de educación 5.100,00 €
  • 334.489.00 Transf. a entidades culturais 6.200,00 €
  • 337.489.00 Transf. ocio e tempo libre 6.700,00 €
  • 338.489.00 Transf. festas populares 3.000,00 €
  • 341.489.00 Transf. a entidades deportivas 72.000,00 €

Publicanse as bases da convocatoria pública de subvencións municipais a entidades sen fins de lucro para o ano 2018 que figuran no expediente.

As presente convocatoria remitirase á Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS), que será a que lle dea traslado ao BOPPO do seu extracto.

As entidades interesadas poderán solicita-las subvencións no prazo de quince días naturais, contados a partir do día seguinte da publicación do extracto da convocatoria no BOPPO na forma e termos previstos na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, en relación coa Base de Datos Nacional de Subvencións.

Así mesmo, a presente convocatoria será obxecto de publicación no Portal de Transparencia do Concello de Cambados

RESOLUCIÓN – BASES CONVOCATORIA SUBVENCIÓNS ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO 2018