PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • AGOSTO 2018 – EXPOSICIÓN PÚBLICA DA CONTA XERAL DO CONCELLO DE CAMBADOS DO EXERCICIO 2017

AGOSTO 2018 – EXPOSICIÓN PÚBLICA DA CONTA XERAL DO CONCELLO DE CAMBADOS DO EXERCICIO 2017

Formulada e rendida a Conta Xeral deste Concello, correspondente ó exercicio 2017, e ditaminada favorablemente pola Comisión Especial de Contas, en sesión celebrada o 21 de agosto de 2018, dando cumprimento ó disposto polo artigo 212.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, exponse ó público, polo prazo de quince días hábiles, na Secretaría do Concello, durante os cales, e oito máis, os interesados poderán presenta-las reclamacións, reparos e observacións que coiden oportunas, mediante escritos dirixidos á Sra. Alcaldesa-Presidenta.

CONTA XERAL 2017

INFORME ESTABILIDADE, REGRA DE GASTO E DÉBEDA PÚBLICA LIQUIDACIÓN ORZAMENTO 2017

INFORME INTERVENCIÓN LIQUIDACIÓN ORZAMENTO 2017

RESULTADO ORZAMENTARIO 31-12-2017

REMANENTE TESOURERÍA 31-12-2017