PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • DECEMBRO 2017 – PROXECTO DE CONSTRUCIÓN PLAN DE SEGURIDADE VIARIA DE GALICIA 2016-2020: MSV NO CONTORNO DA TCA NA ESTRADA PO-549, P.Q. 8+000 A 9+800 CLAVE: PO/17/143.06

DECEMBRO 2017 – PROXECTO DE CONSTRUCIÓN PLAN DE SEGURIDADE VIARIA DE GALICIA 2016-2020: MSV NO CONTORNO DA TCA NA ESTRADA PO-549, P.Q. 8+000 A 9+800 CLAVE: PO/17/143.06

PROXECTO DE CONSTRUCIÓN PLAN DE SEGURIDADE VIARIA DE GALICIA 2016-2020: MSV NO CONTORNO DA TCA NA ESTRADA PO-549, P.Q. 8+000 A 9+800

ANUNCIO do 29 de novembro de 2017 polo que se somete ao trámite de información pública a separata para información pública do proxecto de construción do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora da seguridade viaria no contorno do tramo de concentración de accidentes na estrada PO-549, punto quilométrico 8+000 a 9+800, de clave PO/17/143.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados.

Para os efectos previstos no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, sométese ao trámite de información pública o documento do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: MSV no entorno de TCA na estrada PO-549, p.q. 8+000 a 9+800, de clave PO/17/143.06. O ámbito de actuación sitúase entre os p.q. 8+000-9+400 na estrada PO-549 (Vilagarcía de Arousa (PO-301)- Cambados (VG-4.3), nos concellos de Vilanova de Arousa e Cambados.

Este proxecto ten por obxecto definir, xustificar e valorar as obras necesarias para levar a cabo unha serie de actuacións que permitan evitar ou mitigar a accidentalidade que se vén producindo nos últimos anos no treito considerado.

As obras previstas comprenden as seguintes actuacións:

– Mellora das interseccións máis importantes do treito de estudo e principalmente naquelas en que se teñan producido accidentes.

– Restrición ou delimitación de prazas de aparcadoiro nas proximidades de interseccións e/ou accesos.

– Mellora de seguridade viaria nas paradas de bus e pasos de peóns.

– Mellora da sinalización e balizamento.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o proxecto de construción sométese ao trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Que, simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Regulamento de expropiación forzosa, se someta a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra (r/ Fernández Ladreda, 43, 1º-4º, 36071 Pontevedra), e na Casa do Concello de Vilanova de Arousa (pza. do Concello, 1, 36320 Vilanova de Arousa, Pontevedra), e na Casa do Concello de Cambados (pza. do Concello, 1, 36630 Cambados, Pontevedra). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (http://civ.xunta.gal/organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas), atópase á disposición dos interesados o documento completo do proxecto de construción.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2017

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO
RELACIÓN DE BENS, DEREITOS E PROPIETARIOS AFECTADOS
CLAVE: PO/17/143.06

Concello de Vilanova de Arousa.

Referencia catastral

Titular

Clasificación NNSS

Uso

Superficie catastral total (m2)

Superficie solo afectado

Bens afectados

Tipoloxía

Medición

1

36061A02000119

González Resúa, José Benito

Núcleo rural trad.

Agrario

52

26

Vimbios

26 m2

2

36061A02100085

Pintos Rey, Mª Milagro

Núcleo rural trad.

Agrario

236

25,56

Recuamento portón

1 ud

Recuamento portón peonil

1 ud

Balaustrada e muro de pedra

18 m2

Contador

1 ud

3

36061A02100086

Janeiro Leiro, María

Núcleo rural trad.

Agrario

339

18,03

Recuamento portón

1 ud

Balaustrada e muro de pedra

18 m2

4

36061A02100094

Paz Gestoso, Nieves

Núcleo rural trad.

Agrario

1.595

35,41

Pozo

1 ud

5

36061A02100087

Valle Leiro, Manuel

Núcleo rural trad.

Agrario

550

139,7

Árbores froiteiras

20 ud

Concello de Cambados.

Referencia catastral

Titular

Clasificación NNSS

Uso

Superficie catastral total (m2)

Superficie solo afectado

Bens afectados

Tipoloxía

Medición

6

5692515NH1059S

Núñez Mosquera, Mª Pilar

Núcleo

urbano

Residencial

453

47,52

Muro de pedra

15,50 m2

7

5692516NH1059S

Núñez Mosquera, Ramón e outros

Núcleo

urbano

Residencial

255

66,82

Muro de pedra

6 m2

Recuamento contador

2 ud

Recuamento portón

1 ud

8

5691704NH1059S

Ferreiro Portas, David

Núcleo

urbano

Residencial

132

40,42

Peche metálico

13,50 m

Árbore ornamental

2 ud

9

5691705NG1095S

Casaldornos Piñeiro, Mª Esther

Núcleo

urbano

Residencial

825

12,35

10

5690815NH1059S

González Marqués, Irene e outros

Núcleo

urbano

Residencial

236

10,05

Muro de bloque

5,5 m2

Peche metálico

5,5 m2

Recuamento portón peonil

1 ud

11

5686121NH1058N

Lois Losada, Servando

Núcleo

urbano

Industrial

1.118

32,14

Edificación

3.214 m2

12

5686120NH1058N

Piñeiro Otero, José Vicente

Núcleo

urbano

Almacén Estac.

83

83

Edificación

83 m2

13

5686114NH1058N

Santos Portas, Benito

Núcleo

urbano

Residencial

806

34,29

Recuamento contador

1 ud

Muro de bloque

3 m2

14

5686125NH1058N

Trigo Daporta, Manuel

Núcleo

urbano

Sen edificar

176

5,95

Muro de bloque

16 m2

15

36006A00600287

Desconocido

Non urbanizable

Agrario

4.676

8,5

Muro de bloque

13,50 m2