PROXECTO IRMANAMENTO CAMBADOS-CIGALES
O Concello de Cambados está traballando no irmanamento coa localidade vallisoletana de Cigales, “cuna do viño” Clarete, para establecer lazos de unión en torno á cultura do viño, a gastronomía, a historia e o patrimonio.
Cambados “Capital do viño Albariño” con tradición vitivinícola histórica e coa Festa do Albariño de interés turístico nacional, busca crear lazos de unión con Cigales que conta entre as súas celebracións anuais máis importantes do ano coa Festa da Vendima; con este irmanamento buscase promocionar conxuntamente a cultura e tradición do viño de ambas localidades así como a cooperación en desarrollar un programa anual de actividades entre ambos para a promoción turística, cultural e enogastronómica de ambas localidades.
Cigales Terra de Rosados e Tintos, Cambados Vila do Albariño, ambas localidades con Denominación de Orixe e cun potencial gastronómico e enolóxico recoñecido Internacionalmente e un rico Patrimonio Histórico-Artístico estudian poder desarrollar ó longo do ano 2018 accións conxuntas como:
- Participación en Feiras e presentacións conxuntas de ambas localidades.
- Colaboración na promoción das Festas da Vendima así como encontros gastronómicos e enolóxicos.
- Encontros folclóricos.
- Xornadas Culturais, ciclos de conferencias e xornadas técnicas.
- Xornadas gastronómicas de tapas e albariños en Cigales e Tapas e Rosados en Cambados aunando viño e gastronomía.
A localidade de Cigales valorou moi positivamente este irmanamento dende o primeiro momento coa súa Alcaldesa ó fronte, debido á cercanía de ambas localidades, o que posibilitaría un intercambio de accións; igualmente e moi relevante a importancia da diversidade e diferencias de ambas zonas que ó xuntarse poden crear importantes sinerxias para ambas localidades donde a cultura, o viño e a gastronomía serían os pilares fundamentais do irmanamento.
Cambados e Cigales, ambos socios de Acevin e Recevín; fundamentais na creación das Rutas do Viño Rias Baixas e Cigales, e ambas localidades cabeza visible das súas respectivas denominacións de orixe, Rias Baixas e a de Cigales polo que os nexos de unión entre ambas son moi fortes polo traballo e promoción que levan anos desarrollando nas súas respectivas zonas.
Este breve proxecto é o que se espera dé comezo a una fructífera colaboración entre ambas vilas; os responsables das Oficinas de Turismo están traballando en proxectos conxuntos esperando que este irmanamento poida certificarse o próximo ano 2018.