PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • NOVEMBRO 2017 – APROBACIÓN INICIAL DA MODIFICACIÓN DE VARIAS ORDENANZAS FISCAIS

NOVEMBRO 2017 – APROBACIÓN INICIAL DA MODIFICACIÓN DE VARIAS ORDENANZAS FISCAIS

APROBACIÓN INICIAL DA MODIFICACIÓN DE DIVERSAS ORDENANZAS FISCAIS DO CONCELLO DE CAMBADOS

Aprobada inicialmente por acordo do Pleno ordinario deste Concello, celebrado o 30 de outubro de 2017, a modificación das seguintes ordenanzas fiscais:

1. Modificación da ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre Bens Inmobles.

2. Modificación da ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre Actividades Económicas.

3. Modificación da ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica.

4. Modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de distribución de auga.

5. Modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de sumidoiros.

6. Modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos.

7. Modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola ocupación de terreos de uso público local con mesas, cadeiras, tribunas, tablados e outros elementos análogos, con finalidade lucrativa.

Ordénase a publicación de edicto no Boletín Oficial da Provincia, nun dos diarios de maior difusión da provincia, e no portal de transparencia do Concellos ós efectos de incoar o trámite de información pública para que nun prazo de 30 días (TRINTA DÍAS) os interesados teñan acceso o expediente tramitado na oficina da Concellería de Facenda do Concello e a través do Portal de Transparencia na dirección www.transparenciacambados.gal/taboleiro-de-anuncios-virtual/ os efectos de exame do expediente e presentación das reclamacións que estimen oportunas.

Finalizado o períodos de exposición pública o Concello adoptará o acordo definitivo que procedas, resolvendo no seu caso, as reclamación que se presentaran e aprobando a redacción definitiva da modificación da ordenanza fiscal. En caso de que non se presentaran reclamacións, entenderase definitivamente aprobado o acordo ata entón provisional, sen necesidade dun novo acordo plenario.

O acordo definitivo có texto íntegro da modificación da ordenanza deberá publicarse no Boletín Oficial da Provincia e entrará en vigor o día seguinte da súa publicación.

En Cambados, a 31 de outubro de 2017.