PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • OUTUBRO 2017 – ACORDO DE GOBERNO PARA MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR OCUPACIÓN DE TERREOS DE USO PÚBLICO LOCAL CON MESAS, CADEIRAS, TRIBUNAS, TABLADOS E OUTROS ELEMENTOS ANÁLOGOS, CON FINALIDADE LUCRATIVA

OUTUBRO 2017 – ACORDO DE GOBERNO PARA MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR OCUPACIÓN DE TERREOS DE USO PÚBLICO LOCAL CON MESAS, CADEIRAS, TRIBUNAS, TABLADOS E OUTROS ELEMENTOS ANÁLOGOS, CON FINALIDADE LUCRATIVA

Xurxo Charlín Trigo, concelleiro do Ilmo. Concello de Cambados, en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais e demais normativa que poida resultar de aplicación, presenta, diante do Pleno da Corporación este ACORDO DE GOBERNO, en base á seguinte

                                         

Exposición de motivos

 

A modificación da ordenanza afecta ó artigo 5 da ordenanza, relativa a cota tributaria, que se ve reducida.

En virtude do disposto no artigo 25 do TRLRFL, todo acordo de establecemento ou modificación  de taxas deberá adoptarse á vista dun informe técnico-económico, no que se poña de manifesto a previsible cobertura do custo que xera a prestación do citado servizo. Cabe sinalar a este respecto a Sentenza núm. 957/2003 de 21 novembro do Tribunal Superior de Xustiza de Aragón, que dispón a necesidade de incluír un informe ou memoria económico-financeira tanto para a aprobación como para a modificación das mesmas, posto que é indispensable que nelas se xustifique o custo ou valor do recurso ou actividade de que se trate e a contía da taxa proposta. Na mesma liña deben sinalarse as Sentenzas igualmente do Tribunal Supremo, de 18 de maio de 2016 e de 27 de xuño de 2016.

A modificación ven acompañada de informe técnico económico do arquitecto municipal en cumprimento do artigo 25 TRLRFL, antes exposto, e ó efecto de aplicar o disposto no artigo 24.1.a) da mesma ley, que sinala que “o importe das taxas previstas pola utilización privativa ou o aproveitamento especial do dominio público local se fixará, con carácter xeral, tomando como referencia o valor que tería no mercado a utilidade derivada de dita utilización ou aproveitamento, se os bens afectados non fosen de dominio público. A tal fin, as ordenanzas fiscais poderán sinalar, en cada caso, atendendo a natureza específica da utilización privativa o do aproveitamento especial de que se trate, os criterios e parámetros que permitan definir o valor de mercado da utilidade derivada.”

O informe do arquitecto municipal trata de determinar ese valor de mercado atendendo o valor catastral medio da superficie pública a ocupar, segundo a categoría de rúa e a temporada. A continuación, para chegar ata o valor de mercado, fai referencia ó incremento de negocios de hostalería no concello durante o exercicio 2016.

O valor catastral medio da superficie pública a ocupar é tomado do valor catastral medio do chan do concello, situado en 16,97 €/m2. Tomando este importe como media, establece o importe específico de cada unha das categorías de rúas do municipio, incrementando o valor das rúas de primeira categoría respecto do valor medio e diminuíndo o valor das rúas de segunda e terceira categoría respecto do valor medio. Por último, determina que o incremento de negocios de hostalería no concello diminúe o valor de mercado, xa que o aumento de competencia derivado da existencia de mais negocios con posibilidade de instalar mesas e cadeiras fai que o valor de mercado desas ocupacións diminúan.

Á vista do expediente formado, a Concellería de Economía, Facenda, Comercio, Industria e Promoción Económica, propón que, previo dictame da Comisión de Facenda e Patrimonio, o Pleno da Corporación adopte o seguinte ACORDO de modificación de Ordenanzas fiscais do Concello:

ACORDO DE GOBERNO PARA MODIFICACIÓN DA TAXA POR OCUPACIÓN DE TERREOS DE USO PÚBLICO LOCAL CON MESAS, CADEIRAS, TRIBUNAS, TABLADOS E OUTROS ELEMENTOS ANÁLOGOS, CON FINALIDADE LUCRATIVA.