PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • OUTUBRO 2017 – LISTA DE CANDIDATOS ADMITIDOS O VIVEIRO DE EMPRESAS

OUTUBRO 2017 – LISTA DE CANDIDATOS ADMITIDOS O VIVEIRO DE EMPRESAS

Providencia do Concelleiro Delegado de Economía, Facenda, Comercio, Industria e Promoción Económica.
Que de conformidade co disposto no Capítulo Segundo: Admisión e selección de proxectos empresariais, da Ordenanza reguladora do centro de desenvolvemento local do Concello de Cambados, aprobado polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o día 24/09/2015, publicado o seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra o día 25/01/2016 e, visto o informe de resultados da fase de admisión de proxectos empresariais para o viveiro de empresas do centro de desenvolvemento local do Concello de Cambados, emitido polo Técnico deste Concello.
Dispoño
Primeiro.- Aprobar a cuarta lista de candidatos admitidos e excluídos, que figura como anexo I desta Providencia, con expresión das causas de exclusión, debendo expoñerse a mesma no taboleiro de anuncios deste Concello.
Segundo.- Tanto os candidatos excluídos como os omitidos por non figurar na relación de admitidos, disporán de un prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da notificación do  presente acto, para poder emendalos defectos que motivaron a súa exclusión ou omisión.