PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • FEBREIRO 2023 – APROBACIÓN DEFINITIVA MODIFICACIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POR ASISTENCIA E ESTANCIAS NA GARDERÍA INFANTIL MUNICIPAL DE CAMBADOS E LUDOTECA NOS MESES DE VERÁN

FEBREIRO 2023 – APROBACIÓN DEFINITIVA MODIFICACIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POR ASISTENCIA E ESTANCIAS NA GARDERÍA INFANTIL MUNICIPAL DE CAMBADOS E LUDOTECA NOS MESES DE VERÁN

APROBACIÓN DEFINITIVA MODIFICACIÓN ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POR ASISTENCIAS E ESTANCIAS NA GARDERÍA INFANTIL MUNICIPAL DE CAMBADOS E LUDOTECA NOS MESES DE VERÁN.

Exp (4175/2022)

Rematado o período de exposición pública do anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia número 229, de data 30 de novembro de 2022, referente ao acordo adoptado polo Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 24 de novembro de 2022, sobre modificación da Ordenanza reguladora da Taxa por asistencias e estancias na Gardería Infantil Municipal de Cambados e Ludoteca nos meses de verán, sen que se tiveran presentado reclamacións, procede a publicarse o texto íntegro da modificación aprobada definitivamente a efectos da súa entrada en vigor:

“ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POR ASISTENCIAS E ESTANCIAS NA GARDERÍA INFANTIL MUNICIPAL DE CAMBADOS E LUDOTECA NOS MESES DE VERÁN

ARTIGO 1º.—NATUREZA E FUNDAMENTO.

O Pleno do Concello, no uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución, polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases do Réxime Local, e polos artigos 15 a 19 e 57 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, acorda a imposición e ordenación da taxa por asistencias e estancias na gardería infantil municipal de Cambados e ludoteca nos meses de verán (xullo e agosto).

ARTIGO 2º.—FEITO IMPOÑIBLE.

Constitúe o feito impoñible da taxa que se establece, a prestación dos servizos por asistencia e estancia na Gardería Infantil Municipal e ludoteca de verán.

ARTIGO 3º.—SUXEITOS PASIVOS.

Serán suxeitos pasivos desta taxa, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria, que soliciten ou resulten beneficiadas ou afectadas polos servizos ou actividades que se detallan na tarifa da presente Ordenanza.

ARTIGO 4º.—RESPONSABLES.

Serán responsables solidarios e subsidiarios das obrigas tributarias dos suxeitos pasivos as persoas físicas e xurídicas ás que se refiren os artigos 42 e 43 da Lei Xeral Tributaria.

ARTIGO 5º.—COTA TRIBUTARIA.

A contía da taxa será a resultante da aplicación das tarifas contidas neste artigo.

A contía da taxa será a resultante da aplicación das tarifas contidas neste artigo.

GARDERÍA

RENDA PER CAPITA MENSUAL

COTA MENSUAL

Familias con renda inferior ó 30% do IPREM.

Exentas

Familias con renda entre o 30% e o 50% do IPREM

Exentas

COMEDOR

6,50 €

Familias con renda entre o 50% e o 75% do IPREM

33 €

COMEDOR

16,50 €

Familias con renda entre o 75% e o 100% do IPREM

66 €

COMEDOR

25 €

Familias con renda entre o 100% e o 125% do IPREM.

106 €

COMEDOR

35 €

Familias con renda entre o 125% e o 150% do IPREM.

126 €

COMEDOR

50 €

Familias con renda entre o 150% e o 200% do IPREM.

139 €

COMEDOR

60 €

Familias con renda superior ó 200% do IPREM.

160 €

COMEDOR

70 €

SERVICIOS COMPLEMENTARIOS:

Horario ampliado/ 1 hora

20 €

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
(PARA NENOS DE 3 A 6 ANOS DOS COLEXIOS PRÓXIMOS)

– Cota mensual

51,35 €

– Comedor

41,10 €

– Recollida no colexio

10,30 €

LUDOTECA (DURANTE OS MESES DE XULLO E AGOSTO)

– Cota mensual

60,00 €

– Comedor

60,00 €

ARTIGO 6º.—BENEFICIOS FISCAIS.

Só se admitirán os beneficios fiscais que veñan establecidos en normas con rango de Lei, ou deriven de tratados ou acordos internacionais, sen prexuízo da aplicación das reducións que se contemplan na Tarifa anexa.

Segundo as circunstancias da unidade familiar, sobre o prezo que resulte de aplicar o disposto no punto anterior, aplicaranse unha bonificación do 100% da cota de atención educativa en cumprimento do establecido na disposición adicional novena da Lei 13/2008 de servizos sociais de Galicia, trala modificación efectuada pola Lei 18/2021 , do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas que engade un punto 7 que establece que co fin de consolidar o obxectivo de interese público, por razóns de impulso demográfico e conciliación, de acadar a gratuidade da atención educativa nas escolas infantís de 0-3 anos, con efectos económicos a partir do comezo do curso escolar 2022-2023, estenderase o réxime establecido nesta disposición á matriculación do primeiro fillo ou filla da unidade familiar, de acordo coa regulación nela establecida para os distintos supostos que recolle.

ARTIGO 7º.—PERCEPCIÓN.

Percibirase a taxa á que se contrae esta Ordenanza, coa prestación dos servizos relativos á estancia de nenos na Gardería Infantil, que se especifican na tarifa correspondente, incluíndose na mesma o importe da manutención que se preste na Gardería.

ARTIGO 8º.—LIQUIDACIÓN.

A liquidación da taxa a percibir vén determinada polos servizos que se presten e, en todo caso, de acordo coas cantidades ou contías que figuran na tarifa, confeccionada tendo en conta a renda mensual por membro da unidade familiar.

A referida liquidación practicarase unha vez efectuado o servizo e, en todo caso, con periodicidade mensual.

ARTIGO 9º.—INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.

Nesta materia estarase ó disposto na Lei Xeral Tributaria e na normativa do seu desenvolvemento.

Disposición final

A presente modificación entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia con referencia ao día 1 de setembro de 2022, permanecendo vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa”.