El tiempo - Tutiempo.net

solicitude de información

SOLICITUDE DE INFORMACIÓN

Nesta sección poderás exercer o teu dereito ao acceso á información coa que conta o Concello de Cambados.

CONCEPTO DE INFORMACIÓN PÚBLICA

Cal é o término que define correctamente o que se coñece coma información pública.

GARANTÍAS DA CIDADANÍA NO DEREITO DE ACCESO

Cales son as garantías que coma cidadáns temos no acceso á información propia ou vinculada.

LÍMITES DO DEREITO DE ACCESO

Comproba cales son os límites que evitan calquer risco de acceso á información.

PROCEDEMENTO DO DEREITO AO ACCESO Á INFORMACIÓN

Información detallada do procedemento seguido para dar acceso á información aos usuarios polo Concello de Cambados.

concepto de información pública

Enténdese por información pública os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da Lei de transparencia e bo goberno e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións.

Así mesmo, considerarase información pública a producida polas entidades que presten servizos públicos ou exerzan potestades administrativas, nos termos previstos no artigo 4 da Lei de transparencia e bo goberno.

garantías da cidadanía no dereito de acceso

No exercicio do seu dereito ao acceso á información pública garantiráselle á cidadanía:

  • A posibilidade de utilización da información obtida sen necesidade de autorización previa e sen máis limitacións que as derivadas de esta ou outras leis.
  • A recepción da información pública en formato electrónico ou en papel, segundo teña indicado a persoa solicitante.
  • A recepción da información pública na lingua oficial de Galicia na que a solicite.
  • O coñecemento das taxas e prezos que, no seu caso, sexan exixibles para a obtención de copias ou para a transposición da información a formatos diferentes do orixinal.
  • A realización de propostas e suxestións tanto en torno á información demandada e aos formatos, programas ou linguaxes informáticas empregadas.

límites ao dereito de acceso

O dereito de acceso poderá ser limitado cando acceder á información supoña un prexuízo para os ámbitos sinalados no artigo 14 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno. Entre as materias nas que a subministración de información estaría limitada atópanse as relacionados coa seguridade nacional, a defensa, as relacións exteriores, a seguridade pública, entre outras.

O dereito de acceso á información pública só poderá ser limitado ou denegado nos supostos previstos na normativa básica. Naqueles casos en que a aplicación dalgunha limitación non afecte a totalidade da información e sempre que sexa posible, concederase o acceso parcial, omitindo a información afectada pola limitación, agás que a información resultante sexa equívoca ou carente de sentido.

procedemento do dereito ao acceso á información

O procedemento para o exercicio do dereito de acceso iniciarase coa presentación da correspondente solicitude, que se deberá dirixir á persoa titular do órgano administrativo ou entidade que posúa a información.

Cando se trate de información en posesión de persoas físicas ou xurídicas que presten servizos públicos ou exerzan potestades administrativas, a solicitude dirixirase á Administración, organismo ou entidade das previstas no artigo 3.1 da lei Lei de transparencia e bo goberno ás cales estean vinculadas.

A solicitude poderá presentarse por calquera medio que permita ter constancia de:

  • A identidade do/a solicitante.
  • A información que se solicita.
  • Unha dirección de contacto, preferentemente electrónica, a efectos de comunicacións.
  • No seu caso, a modalidade que se prefira para acceder á información solicitada.

Haz clic en el botón editar para cambiar este texto. Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Ut elit tellus, luctus nec ullamcorper mattis, pulvinar dapibus leo.

O/a solicitante non está obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información. Con todo, poderá expoñer os motivos polos que solicita a información e que poderán ser tidos en conta cando se dite a resolución.

A persoa solicitante ten dereito a recibir orientación e asesoramento para o exercicio deste dereito a través do sistema integrado de atención á cidadanía.

A resolución na que se conceda ou denegue o acceso deberá notificarse a persoa solicitante e aos terceiros afectados que así o solicitaran, o antes posible e, como máis tarde, no prazo máximo de 1 mes desde a recepción da solicitude polo órgano competente para resolver.

Aplicaranse os límites establecidos no artigo 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.

Acerca

A Concellería de Facenda do Concello de Cambados, é a responsable do control, así coma de calquer gasto que efectúe o Concello.

Dende a mesma elabóranse os presupostos anuais, tendo en conta unha serie de parámetros tales coma: necesidades sociais, persoal, premura, eventos anuais fixos ou esporádicos, colaboración con clubes e asociacións sen ánimo de lucro, e un longo etc.

Susbcríbete ao noso canal de novas

SE DESEXAS ATOPARTE Á ÚLTIMA EN CUESTIÓN DE NOVIDADES, O PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS ACHÉGACHE UN NOVO CANLE PARA ELO. SUSCRÍBETE AO NOSO CANAL DE NOVAS RSS. ASÍ DE SINXELO.

2018 © concello de cambados. Design by