El tiempo - Tutiempo.net

festa do albariño

solicitude de autorización dos postos do albariño

Nesta sección poderás atopar toda a información relativa a cómo solicitar autorización para montar un posto durante a Festa do Albariño

Solicitude de ocupación de vía pública mediante instalacións de postos e atraccións durante as festas do Albariño.

Solicitude de ocupación de vía pública mediante instalacións de postos durante as festas do Albariño.

Prazo para presentar as solicitudes: Ata o día 12 de xullo (Non se autoriza a venda de alcol destilado nos postos ambulantes).

Durante as FESTAS DO ALBARIÑO, aplicaranse as seguintes tarifas por metro cuadrado:

CONCEPTO(€/M2)

Postos venda de bocadillos, hamburguesas e semellantes, fritidos, parrilladas e semellantes, polbo, churros, bebidas, xeados

 
a) Zona A150,00 €
b) Zona B75,00 €
Resto de postos 
a) Zona A50,00 €
b) Zona B25,00 €

ATRACCIÓNS

 
a) Atraccións casetas e remolques 
a.1) Casetas de tiro, pesca, dardos e casetas de xogo en xeral300,00 €
a.2) Instalación de máquinas recreativas, remolque de grúas e semellantes, máquina expendedora de bebidas e de sancks150,00 €
a.3) Tómbolas1.000,00 €

b) Atraccións infantís

 
b.1) Ata 50 m2400,00 €
b.2) Mais de 50 m2600,00 €
c) Atraccións maiores 
c.1) Ata 150 m21.000,00 €
c.2) Máis de 150 m21.500,00 €
Autorización para venda ó brazo de globos, barquiños etc….50,00 €

Zona A: Praza Fefiñáns, Rúa Real, Praza Asorey, Rúa Príncipe, Paseo da Calzada e Xardíns da Calzada, Praza do Concello e áreas limítrofes.

Zona B: Resto.

Lugares de presentación:

  • No rexistro electrónico.
  • Nas oficinas de Correos
  • Na oficina de rexistro presencial localizada na sede do Concello.
  • Nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro.
  • Nas oficinas de asistencia en materia de rexistros.
  • En calquera outro que establezan as disposicións vixentes.

Como presentar unha solicitude a través do Rexistro Electrónico (modalidade de Formulario Xenérico)

Importante: Para poder presentar a súa solicitude deberá ter DNI electrónico ou certificado electrónico en vigor, xa que con eles pode asinarse a solicitude e ten o mesmo valor que a manuscrita.

PASO 1. Pique no seguinte vínculo ou copie e pegue a ligazón na barra de direccións do navegador:

https://cambados.sedelectronica.gal

 

PASO 2. Elección de forma de acceso

Elixa forma de acceso e identifíquese. Se dispón de certificado dixital deberá introducir a clave unha vez pulse o botón “Acceder co meu certificado”. Se accede con usuario e contrasinal debe introducilos antes de pulsar “Acceder”, neste caso tamén dispón de información adicional que lle pode resultar útil se esqueceu a súa clave de usuario ou desexa rexistrarse.

PASO 3. Cumprimente a instancia e pulse o botón “Seguinte“.

PASO 4. Achegue a “Solicitude de ocupación de vía pública mediante instalacións de postos durante as festas do Albariño” debidamente cuberta e asinada xunto coa seguinte documentación que corresponda no seu caso:

 

Persoas físicas:

 

  • Fotocopia do DNI, pasaporte ou tarxeta de residencia para os cidadáns comunitarios ou tarxeta de residencia e permiso de traballo para os non comunitarios.
  • Certificación de estar dado de alta no Imposto de Actividades Económica con indicación do epígrafe fiscal, nos casos que proceda, e declaración de alta no censo de obrigados tributarios.
  • Fotocopia do documento de alta no réxime correspondente da Seguridade Social e xustificante do pago do último recibo de Autónomos.
  • Fotocopia da póliza de seguro de responsabilidade civil (cunha cobertura mínima de 150.000 euros) e recibo xustificativo do seu pago.
  • No caso de venda de alimentos: Certificado acreditativo de recibir formación en materia de manipulación de alimentos.
  • Certificado de revisión de instalación de gas, no seu caso.
  • Xustificante de ter aboado a exacción fiscal correspondente por ocupación de dominio público.
  • Declaración responsable asinada

 

Persoas xurídicas

 

  • Fotocopia do Cif
  • Fotocopia da Acta de constitución
  • Fotocopia dos Estatutos
  • Fotocopia da escritura de apoderamento outorgada a favor da persoa que asine a solicitude en representación da sociedade.
  • Certificación de estar dado de alta no Imposto de Actividades Económica con indicación do epígrafe fiscal, nos casos que proceda, e declaración de alta no censo de obrigados tributarios.
  • Fotocopia do documento de alta no réxime correspondente da Seguridade Social e certificado que acredite atoparse ó corrente no pagamento das obrigas coa Seguridade Social.
  • Fotocopia do documento oficial de identidade da persoa que exerza a actividade.
  • Copia do TC2 que acredite o pagamento das obrigas a Seguridade Social e no que conste o traballador que exerce a actividade.
  • Fotocopia da póliza de seguro de responsabilidade civil (cunha cobertura mínima de 150.000 euros) e recibo xustificativo do seu pago.
  • No caso de venda de alimentos: Certificado acreditativo de recibir formación en materia de manipulación de alimentos.
  • Certificado de revisión de instalación de gas, no seu caso.
  • Xustificante de ter aboado a exacción fiscal correspondente por ocupación de dominio público.
  • Declaración responsable asinada

 

Documentación adicional para atraccións:

  • Certificado de delitos de natureza sexual de todos os traballadores.
  • Certificado final da dirección da instalación pola técnico dirección facultativa.
  • Boletín da Instalación eléctrica e contrato de mantemento dos sistemas de protección contra incendios.

 

PASO 5. Asinar o documento

Para máis información chame ao seguinte número de teléfono:

986 520 902 o 986 520 943

Extensión: #771

Persoa de contacto: Susana

Acerca

A Concellería de Facenda do Concello de Cambados, é a responsable do control, así coma de calquer gasto que efectúe o Concello.

Dende a mesma elabóranse os presupostos anuais, tendo en conta unha serie de parámetros tales coma: necesidades sociais, persoal, premura, eventos anuais fixos ou esporádicos, colaboración con clubes e asociacións sen ánimo de lucro, e un longo etc.

Susbcríbete ao noso canal de novas

SE DESEXAS ATOPARTE Á ÚLTIMA EN CUESTIÓN DE NOVIDADES, O PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS ACHÉGACHE UN NOVO CANLE PARA ELO. SUSCRÍBETE AO NOSO CANAL DE NOVAS RSS. ASÍ DE SINXELO.

2018 © concello de cambados. Design by