El tiempo - Tutiempo.net

festa do albariño

VENDA DE ENTRADAS PARA O XANTAR DO ALBARIÑO

Nesta sección poderás atopar toda a información relativa a cómo adquirir unha ou máis entradas para o xantar da Festa do Albariño a celebrar o domingo 4 de agosto

SOLICITUDE / SOLICITUD

Dende este formulario poderá vostede solicitar o documento de pago das entradas ao “LXVI Xantar da Festa do Albariño”, que terá lugar en Cambados o vindeiro domingo día 5 de agosto de 2018. A solicitude non conleva a reserva das entradas solicitadas. Estas quedarán reservadas automáticamente unha vez se proceda ao seu PAGO, ben mediante impresión dun documento que se lle remitirá ao e-mail que nos proporcionen dende o formulario de solicitude, ben a través de acceso á pestaña de PAGAMENTO ELECTRÓNICO.

Unha vez validado e enviado este formulario, recibirá na dirección electrónica propocionada as instruccións para o seu abono. Lembre que: a reserva das entradas será efectiva unha vez se proceda ao seu pago.

Dacordo co establecido na Lei Orgánica 15/1999, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a formar parte
dun ficheiro, cuxo responsable é o Concello de Cambados con domicilio en Praza do Concello s/n, 36630 Cambados (Pontevedra).
A finalidade deste ficheiro é levar a cabo a xestión de datos dos participantes no Xantar do Albariño que organiza o Concello.
Se o desexa poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición remitíndose por escrito á dirección
sinalada, adxuntando unha fotocopia do seu DNI.

 

Lémbraselle que unha vez procedan ao PAGAMENTO/ABONO das entradas solicitadas, estas quedarán
reservadas ao seu nome no Negociado de Recadación sito na primeira planta do edificio do Concello,
onde as poderán retirar en horario de atención ao público de 9:00 a 14:00 de luns a venres, ou ben
no mesmo día do xantar (domingo 4 de agosto) en horario de 10:00 a 12:30 horas. A non retirada
das mesmas non obriga ao Concello á devolución da cantidade aboada polas mesmas.
Dacordo co establecido na Lei Orgánica 15/1999, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a formar parte
dun ficheiro, cuxo responsable é o Concello de Cambados con domicilio en Praza do Concello s/n, 36630 Cambados (Pontevedra).
A finalidade deste ficheiro é levar a cabo a xestión de datos dos participantes no Xantar do Albariño que organiza o Concello.
Se o desexa poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición remitíndose por escrito á dirección
sinalada, adxuntando unha fotocopia do seu DNI

 

Acerca

A Concellería de Facenda do Concello de Cambados, é a responsable do control, así coma de calquer gasto que efectúe o Concello.

Dende a mesma elabóranse os presupostos anuais, tendo en conta unha serie de parámetros tales coma: necesidades sociais, persoal, premura, eventos anuais fixos ou esporádicos, colaboración con clubes e asociacións sen ánimo de lucro, e un longo etc.

Susbcríbete ao noso canal de novas

SE DESEXAS ATOPARTE Á ÚLTIMA EN CUESTIÓN DE NOVIDADES, O PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS ACHÉGACHE UN NOVO CANLE PARA ELO. SUSCRÍBETE AO NOSO CANAL DE NOVAS RSS. ASÍ DE SINXELO.

2018 © concello de cambados. Design by