PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • SOLICITA INFORMACIÓN

SOLICITA INFORMACIÓN

O cidadán pode exercer o dereito de acceso. Este dereito garante a posibilidade de levar a cabo consultas sobre datos e información pública.

O dereito de acceso poderá ser limitado nos supostos que contempla a Lei nos seus artigos 14 e 15. Entre outros: Seguridade Nacional, Defensa, Política económica e monetaria, para a protección de datos de carácter persoal, etc.

Por que debo identificarme?
O exercicio do Dereito de Acceso abre coa administración un procedemento administrativo que esixe a identificación do solicitante.

Como podo presentar unha solicitude?
De forma telemática ou por outros medios previstos na Lei.

Presentación telemática

    Nome (requerido)

    Correo electrónico (requerido)

    DNI (requerido)

    Dirección (requerido)

    Documentación que solicita (requerido)

    Motivo da solicitude

    Amósanos que eres unha persoa

    captcha

    O concepto de información pública

    Enténdese por información pública os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da Lei de transparencia e bo goberno e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións.

    Así mesmo, considerarase información pública a producida polas entidades que presten servizos públicos ou exerzan potestades administrativas, nos termos previstos no artigo 4 da Lei de transparencia e bo goberno.

    O dereito de acceso

    O dereito de acceso á información pública exercerase conforme ao procedemento establecido na  Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.

    Cando o dereito de acceso á información pública sexa exercido por un concelleiro ou concelleira, na súa condición de tal, seralle de aplicación a súa normativa específica.

    Garantías da cidadanía no dereito de acceso

    No exercicio do seu dereito ao acceso á información pública garantiráselle á cidadanía:

    • A posibilidade de utilización da información obtida sen necesidade de autorización previa e sen máis limitacións que as derivadas de esta ou outras leis.
    • A recepción da información pública en formato electrónico ou en papel, segundo teña indicado a persoa solicitante.
    • A recepción da información pública na lingua oficial de Galicia na que a solicite.
    • O coñecemento das taxas e prezos que, no seu caso, sexan exixibles para a obtención de copias ou para a transposición da información a formatos diferentes do orixinal.
    • A realización de propostas e suxestións tanto en torno á información demandada e aos formatos, programas ou linguaxes informáticas empregadas.

    Límites ao dereito de acceso

    O dereito de acceso poderá ser limitado cando acceder á información supoña un prexuízo para os ámbitos sinalados no artigo 14 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno. Entre as materias nas que a subministración de información estaría limitada atópanse as relacionados coa seguridade nacional, a defensa, as relacións exteriores, a seguridade pública, entre outras.

    O dereito de acceso á información pública só poderá ser limitado ou denegado nos supostos previstos na normativa básica. Naqueles casos en que a aplicación dalgunha limitación non afecte a totalidade da información e sempre que sexa posible, concederase o acceso parcial, omitindo a información afectada pola limitación, agás que a información resultante sexa equívoca ou carente de sentido.

    Procedemento do dereito de acceso á información pública

    Solicitude de información

    O procedemento para o exercicio do dereito de acceso iniciarase coa presentación da correspondente solicitude, que se deberá dirixir á persoa titular do órgano administrativo ou entidade que posúa a información.

    Cando se trate de información en posesión de persoas físicas ou xurídicas que presten servizos públicos ou exerzan potestades administrativas, a solicitude dirixirase á Administración, organismo ou entidade das previstas no artigo 3.1 da lei Lei de transparencia e bo goberno ás cales estean vinculadas.

    A solicitude poderá presentarse por calquera medio que permita ter constancia de:

    • A identidade do/a solicitante.
    • A información que se solicita.
    • Unha dirección de contacto, preferentemente electrónica, a efectos de comunicacións.
    • No seu caso, a modalidade que se prefira para acceder á información solicitada.

    Motivación

    O/a solicitante non está obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información. Con todo, poderá expoñer os motivos polos que solicita a información e que poderán ser tidos en conta cando se dite a resolución.

    Orientación e asesoramento

    A persoa solicitante ten dereito a recibir orientación e asesoramento para o exercicio deste dereito a través do sistema integrado de atención á cidadanía.

    Prazos de resolución e notificación

    A resolución na que se conceda ou denegue o acceso deberá notificarse a persoa solicitante e aos terceiros afectados que así o solicitaran, o antes posible e, como máis tarde, no prazo máximo de 1 mes desde a recepción da solicitude polo órgano competente para resolver.

    Sentido do silencio administrativo

    Negativo.

    Datos protexidos

    Aplicaranse os límites establecidos no artigo 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.