Proceso selectivo para a contratación temporal de 5 Varredores/Varredoras en situación de risco de exclusión social, perceptoras da Renda de integración social de Galicia (RISGA )
Os candidatos/as preseleccionados/as pola Oficina de Emprego, que estivesen interesados/as en participar no proceso selectivo das prazas convocadas poderán presentar a súa solicitude a través da sede electrónica do Concello (https://cambados.sedelectronica.gal) achegando á súa instancia telemática (Trámites Destacados -Instancia Xeral) o Anexo II das bases da convocatoria e a
documentación acreditativa dende o día que reciba a citación da oficina de Emprego e ata o día 2 de xuño de 2023.
Os/as candidatos/as que non puidesen presentar a instancia e a documentación xustificativa de forma electrónica, poderán facelo de forma presencial, nesas mesmas datas, en horario de mañán
desde as 9.00 ata ás 13.00 horas no Departamento de Persoal, situado no 1ª andar do edificio municipal da Rúa Ourense nº 8, Cambados.