A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade concedeu a este Concello unha subvención para a contratación de 5 VARREDORES , durante un período de 9 meses, cunha xornada parcial de 30 horas semanais. O concello presentara a correspondente oferta de emprego, ante a oficina de emprego de Cambados, cos seguintes datos Código Ocupación POSTO 94431016 VARREDOR Os candidatos/as serán preseleccionados/as pola Oficina de Emprego, debendo cumprir os seguintes requisitos: Ser perceptor/ra da Risga e estar inscritas no Servicio Público de Emprego de Galicia como persoas demandantes non ocupadas. Terán preferencia, en todo caso as persoas que teñan asignado un proxecto de inserción de carácter laboral os maiores de 45 e os que teñan cargas familiares. Estes requisitos deberán cumprirse tanto no momento da selección como no da formalización do contrato. As Bases reguladoras do proceso selectivo serán publicadas no Taboleiro de Anuncios na Sede electrónica do Concello. O que pon en coñecemento para a súa difusión xeral.