PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • MAIO 2023 – EXPOSICIÓN PÚBLICA E COBRANZA EN PERÍODO VOLUNTARIO DAS TAXAS E PREZOS PÚBLICOS DO 2º TRIMESTRE DE 2023

MAIO 2023 – EXPOSICIÓN PÚBLICA E COBRANZA EN PERÍODO VOLUNTARIO DAS TAXAS E PREZOS PÚBLICOS DO 2º TRIMESTRE DE 2023

EXPOSICIÓN PÚBLICA E COBRANZA EN PERÍODO VOLUNTARIO DAS TAXAS E PREZOS PÚBLICOS DO 2º TRIMESTRE DE 2023

ANUNCIO

EXPOSICIÓN PÚBLICA DOS PADRÓNS/LISTAS COBRATORIAS DAS TAXAS E PREZOS PÚBLICOS DE VARIOS CONCEPTOS, EXERCICIOS E CONCELLOS DA PROVINCIA E A SÚA COBRANZA

De acordo co establecido nos artigos 22 e 24 da Ordenanza Fiscal Xeral do Órgano de xestión tributaria e recadación de tributos locais desta Deputación – ORAL, por medio do presente anuncio iníciase o trámite de información pública dos padróns/listas cobratorias das taxas e prezos públicos polos concellos e conceptos que se relacionan (que teñen delegada a xestión tributaria e recadación nesta Deputación) as cales que foron aprobadas por Resolucións de Tesourería de 03/05/2023.

1133.png

1121.png

Esta exposición ao público ten carácter de notificación colectiva ó abeiro do artigo 102.3 da Lei 58/2003 xeral tributaria, remitíndose aos concellos incluídos a efectos da súa inserción no taboleiro de edictos

De acordo co establecido no artigo 14.2 do RD Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, do texto refundido da lei de facendas locais e demais disposicións vixentes na materia, contra a citada Resolución e as liquidacións incluídas nela poderase interpor recurso de reposición ante a Tesourería da Deputación provincial no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao de finalización da exposición pública, previo ao contencioso-administrativo.

Os citados rexistros conteñen datos de carácter persoal amparados pola lei de protección de datos, polo que as persoas interesadas poderán consultar os rexistros relativos exclusivamente á súa débeda tributaria en cada un dos Concellos respectivos e nas oficinas do ORAL durante o período de exposición ao público, que comprenderá dende o día 05 de maio ata o 04 de xuño de 2023, ambas datas incluídas.

COBRANZA EN PERÍODO VOLUNTARIO DAS TAXAS E PREZOS PÚBLICOS

De conformidade co previsto nos artigos 21, 24 e 25 da Ordenanza fiscal xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais-ORAL, en relación co artigo 62.3 da Lei 58/2003, xeral tributaria e cos artigos 23, 24 e 25 do Regulamento xeral de recadación, de 29 de xullo de 2005, comunícaselles ás persoas interesadas que o período voluntario de cobranza das taxas e prezos públicos para os concellos e conceptos relacionados se inicia o día 05 de maio e remata o 05 de xullo de 2023, ámbalas dúas datas incluídas.

NORMAS DA COBRANZA

Recibos non domiciliados: Os documentos para o ingreso dos recibos non domiciliados enviaranse por correo postal ordinario ao domicilio único de cada persoa contribuínte. Este envío non ten carácter de notificación. A non recepción dos devanditos documentos de ingreso no domicilio non exime da súa obriga de pagamento.

Tamén se poderá dispor dos mesmos na OVT (https://ovt.depo.gal), nas “Oficinas de atención tributaria presenciais” e do mesmo xeito chamando ao “Centro de atención telefónica do ORAL nos teléfonos 886 211 400 e 886 211 420”.

Referencias de cobranza: os documentos de ingreso inclúen dúas referencias de cobramento con importes diferentes. A primeira é válida durante o período voluntario de pago que se indica no recibo. A segunda é válida a partir do día seguinte ao remate do período voluntario de pagamento, e o importe que ten asociado inclúe o principal da débeda e a recarga executiva do 5 %. Pasada a data de caducidade da segunda referencia xa non se poderán utilizar estes documentos para realizar o ingreso da débeda, polo que deberán descargarse outros a través da OVT (https://ovt.depo.gal), chamando ao centro de atención telefónica nos teléfonos 886 211 400 e 886 211 420 ou de xeito presencial cando sexa posible, e sempre con cita previa, en calquera das nosas oficinas.

Formas e lugares de ingreso:

• A través da Oficina Virtual Tributaria (OVT) da Deputación de Pontevedra–ORAL, https://ovt.depo.gal

• A través da aplicación de pagamentos da Deputación de Pontevedra (dispoñible para IOS e Android)

• Na caixa de calquera das entidades colaboradoras (ABANCA, BBVA, CaixaBank, Ibercaja Banco, Novo Banco, Sabadell e Unicaja Banco), e tamén nun caixeiro automático ou por internet (se a entidade colaboradora elixida dispón deses servizos)

Cargos bancarios por recibos domiciliados: os recibos que figuren correctamente domiciliados faranse chegar ás respectivas entidades financeiras para que sexan cargados nas contas correspondentes o día indicado no calendario fiscal para cada tributo.

Advertencia legal: o vencemento do prazo de ingreso en período voluntario sen que estea satisfeita a débeda determinará o inicio do procedemento de prema e a esixencia da recarga e dos xuros de demora que en cada momento correspondan. Tamén se liquidarán e se esixirán no seu caso as custas regulamentarias orixinadas dese procedemento.

Oficinas de atención tributaria presenciais: a atención ao público nas oficinas do ORAL farase exclusivamente a través do sistema de cita previa, que se solicita a través das seguintes canles:

• Web do ORAL: https://www.depo.gal/oral-xestion-tributaria-e-catastral

• OVT: https://ovt.depo.gal/ovt/

• Sede electrónica: https://sede.depo.gal/citaprevia/

• Teléfono de atención tributaria e cita previa: 886 211 420 e 886 211 420

1110.png

1254.png