PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • MAIO 2023 – ANUNCIO CONCESIÓN SUBVENCIÓN AGADIC MODERNIZACIÓN DO EQUIPO TÉCNICO DO AUDITORIO MUNICIPAL DE CAMBADOS FONDOS FINANCIADA CON FONDOS NEXTGENERATIONEU

MAIO 2023 – ANUNCIO CONCESIÓN SUBVENCIÓN AGADIC MODERNIZACIÓN DO EQUIPO TÉCNICO DO AUDITORIO MUNICIPAL DE CAMBADOS FONDOS FINANCIADA CON FONDOS NEXTGENERATIONEU

ANUNCIO DE CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN. FONDOS NextGenerationEU

Por Decreto da Alcaldía 2023-0746, de data 02/05/2023, ditouse a seguinte

RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA

Resultando que, no expediente de subvención nº 4708/2022 consta a notificación da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) (nº Rexistro de Entrada 2023-E-RC-2025, 28/04/2023), pola que se pon en coñecemento deste Concello a concesión dunha subvención por importe de 40.268,28 €, para levar a cabo o investimento denominado “MODERNIZACIÓN DO EQUIPO TÉCNICO DO AUDITORIO MUNICIPAL DE CAMBADOS”outorgada ao abeiro da RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións á modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais, ao abeiro dos fondos NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento UE 2021/241, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento CT404E) e que se desagrega seguidamente:

MODERNIZACIÓN EQUIPO TÉCNICO AUDITORIO MUNICIPAL CAMBADOS

Proxecto:

Financiamento:

Valor estimado:

47.542,25 €

Total investimento:

Subv. AGADIC 70%

Fondos Municipais 30%

21 % IVE:

9.983,87 €

57.526,12 €

40.268,28 €

17.257,84 €

Orzamento base licitación:

57.526,12 €

IVE subvencionable.

Polo exposto, en virtude das competencias atribuídas á Alcaldía polo artigo 21.1 s), da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local

RESOLVE:

1º.- Acepta-la axuda por importe de 40.268,28 €, concedida polo AGADIC para levar a cabo o investimento para a “MODERNIZACIÓN DO EQUIPO TÉCNICO DO AUDITORIO MUNICIPAL DE CAMBADOS”.

2º.- Insertar anuncio na páxina web do Concello dando publicidade á concesión da axuda, en cumprimento do establecido no artigo 23.1 j) e 23.2 d) das Bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións á modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais, ao abeiro dos fondos NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) 2021/241,e convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CT404E).

3º.- Da presente Resolución darase traslado aos Servizos de Intervención e Contratación aos efectos do seu coñecemento e tramitación dos preceptivos expedientes.

4º.- Da presente Resolución darase conta ao AGADIC e ao Pleno da Corporación na primeira sesión que celebre.

O que se fai público en cumprimento do disposto polo artigo 8 c) da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno e o establecido no artigo 23.1 j) e 23.2 d) das Bases reguladoras citada anteriormente.

En Cambados, 3 de maio de 2023.