PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • ABRIL 2023 – RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Cambados (expediente IN407A 2023/116-4).

ABRIL 2023 – RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Cambados (expediente IN407A 2023/116-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTS CBD808, CT Bouciña e substitución CTI Covas de Lobos por CTC.

Situación: Cambados.

Características técnicas:

– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1, en dúas actuacións. A primeira é de 189 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-2000/14, mediante un paso aéreo-subterráneo, e final no centro de transformación (CT) proxectado 1, que substitúe o centro de transformación Covas de Lobos 36AI92. A segunda é de 329 metros de lonxitude, con orixe no centro de transformación proxectado 1 e final no centro de transformación 2 proxectado.

– Retensado do van contiguo ao apoio proxectado C-2000/14.

– Centro de transformación 1 compacto, a 250 kVA, con RT 20 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36006A024005450000OS, no lugar Covas de Lobos, fronte ao número 66.

– Centro de transformación 2 compacto, a 250 kVA, con RT 20 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 7866923NH1076N0001BL, no lugar de Bouciña número 26(B).

A instalación está situada en Covas de Lobos, parroquia de Vilariño, no concello de Cambados (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 27 de marzo de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra