PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • ABRIL 2023 – APROBACIÓN DO PADRÓN 2023_1T

ABRIL 2023 – APROBACIÓN DO PADRÓN 2023_1T

APROBACIÓN DO PADRÓN 2023_1T

Expediente 1570/2023

SERVICIO MUNICIPAL DE AUGA
VIAQUA, S.A.U.

A N U N C I O

Asunto: Aprobación Padrón Taxa pola prestación do servizo de abastecemento de auga, canon da auga e taxa depuración, 1º trimestre 2023.

Confeccionado o Padrón da Taxa de auga potable, canon da auga e coeficiente de vertedura por Viaqua Gestión Integral de Aguas de Galicia, S.A.U., correspondente o 1º trimestre do ano 2023 e aprobado po Decreto de Alcaldía de 11/04/2023.

Expóñese ao público o referido Padrón durante un prazo de 15 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación no BOP para que poida ser examinado polos/as contribuíntes ou interesados nas oficinas Viaqua Gestión Integral de Aguas de Galicia, S.A.U. en días hábiles durante as horas de oficina, ós efectos de que poidan facer as reclamacións que consideren oportunas, elevándose o mesmo a definitivo con resolución das mesmas se as houbese.

Asemade, faise saber que, sen prexuízo das reclamacións que se poidan presentar contra o citado Padrón, o prazo de ingreso en período voluntario das citadas taxas, será de sesenta días dende a súa aprobación e publicación no B.O.P.

Advertencia: Rematado o período voluntario de ingreso, os recibos non pagados esixiranse pola vía administrativa de prema, coas recargas e xuros correspondentes, consonte co establecido nos artigos 161 da Lei xeral tributaria e 69 e seguintes do Regulamento Xeral de Recadación.(R.D. 939/2005,de 29 de xullo). Ademais, no caso do canon da auga e do coeficiente de vertedura advírtese ao contribuínte de que a falta de pagamento no período voluntario sinalado suporá a esixencia directamente pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.

Contra a aprobación do Padrón só poderá interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao do remate do período de exposición pública do referido Padrón (art. 14.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de Facendas Locais). De igual modo, a repercusión do canon da auga e o coeficiente de vertedura, poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo de un mes dende a súa publicación no BOP.

A alcaldesa. Documento asinado dixitalmente á marxe.